Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2022

Somiedo

 Imáxes tomadas durante unha travesia de tres días polo parque de Somiedo. Partindo de La Cueta (Babia) e chegando ao bosque de faias de Montegrande.  Somiedo Peña Orniz Fontes do Sil O Rebaño e os gardiáns Solpor tras Picos Blancos Descanso baixo Peña Orniz Lago del Valle Saliencia Asturias Bosque de Montegrande Ondas de Cumios Imaxes tomadas durante a unha espectacular e orixinal ruta de tres días e dúas noites con vivac, realizada con three mountains . Pasando por lugares tan fermosos como Peña Orniz, Alto Sil, Lagos del valle e Saliencia, Farrapona, a fervenza do Xiblu e o bosque de Montegrande.  Camiño a Majada

Torre de Hércules

 Paseo na contorna da Torre de Hércules, en Coruña. Durante un breve intervalo de tempo tiven unha Leica XU (Typ 240). Revendina ao pouco de tela, porque me pareceu que non era moi cómoda para ser mergullable, e que non era moi "leica" no resultado das fotos.  A ver, que non estaba mal, pero como cámara de "acción" non me convenceu. Necesita de dúas máns para usala, e sobre todo a calidade, o enfoque, e o rango dinámico non me pareceron maravillosos. Preferín seguir coa miña pequena Nikon AW130 para paseos en bici e diluvios, e a miña apreciada Olympus M5 Mkii para montaña, tendo coidado de protexela da auga. Un dos días que empreguei esta cámara foi nun paseo familiar polo norte, na Coruña. Non chovía pero estaba un ceo típico da zona, cuberto de nubes definidas. A verdade é que nestas condicións portouse bastante ben.