Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2017

Praia Lagos

A Praia Lagos (a de Bueu, baixo Cabo Udra), ademáis da súa caracteristica area branca e grosa, presenta unha ampla “muralla de contención” formada por rochas que protexen o areal da forza das ondas. Deste xeito, na baixamar, as augas están tranquilas na beira, a pesar de que Praia Lagos está exposta directamente ao Atlántico dende o Oeste. Dende a primeira vez que fun, sempre pensei que na baixamar, con vento frouxo e sorte co tempo, a auga retida na praia lagos podía facer un gran espello dun ceo cheo de nubes no solpor. Tentei capturar ese reflexo dúas ou tres veces, sen obter exactamente o que esperaba, pero os recunchos da praia e o resultado das fotos gustaronme igualmente. Espello de Praia Lagos Muralla de Pedras A tumba do Ourizo A cor da baixamar Algas descubertas Solpor en Praia Lagos Escoitar a area Derradeira luz no verde O gardián das cunchas Espello de Praia Lagos (2) Solpor en Praia Lagos (2)