Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2024

Petra. Tumbas reales, Monasterio

 Petra non só é o desfiladero e o Tesoro. Hai moreas de percorridos por camiñar. Que permiten descubrir moitos outros recovecos. Ao ir cun tour organizado, o tempo libre é limitado, Ten as súas cousas boas, se o guía transmite. Pero deixa pouco espacio para a tarde. Deste xeito un día non chega para visitar todo o sitio arqueolóxico. Subir ao mosteiro quizá é o máis típico que se fai fora da ruta clásica (vía principal). son 850 escalóns, que con calor aprieta. Ainda así, moita xente se anima. Xa de chegar ao mosteiro, compensa subir ata os miradoiros que ten enriba As tumbas reales están situadas enriba da vía principal. Teñen unhas fachadas superchulas e permite ter vistas do val, do templo e do teatro. Máis fotos de Jordania aquí

Ribeira Sacra Miño

Quizáis non sexa tan abrupta como a ribeira dos canóns do Sil, pero ten moitisimos lugares e recunchos que paga a pena ver.  Uns máis famosos que outros. O meandro do Cabo do mundo está en milleiros de fotos.  A min particularmente o que máis me gusta é a zona de belesar. pola súa tranquilidade e polos seus viñedos. 

Wadi Rum

Percorrer Wadi Rum é como estar noutro planeta. Menudo topicazo de primeira frase. Pero é certo; Polas cores, polas formas das rocas e montañas, e polas enormes extensións de area, ata onde alcanza a vista. O único que fai que nos lembremos de estar na terra é a cantidade enorme de marcas de neumáticos no chan. E o de ver as estrelas non é tan doado, porque hai moito campamento no deserto. Tamén é certo que tivemos mala sorte, coincidiu lua case chea. Imaxino que non hai moito máis xeito de meterse no deserto protexido de Jordania que dentro de un tour turístico. Non lle quita encanto ningún, pero a miña idea preconcebida era de algo máis de illamento. Ainda así, resultoume ben fermoso. Deses sitios que non quitas o mono de facer fotos en ningún momento. Máis fotos de Jordania  aquí