Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2016

Saiáns

A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo. As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes O abrazo das ondas Lagoas agochadas de Saiáns Horizonte Dous por dous catro A saida Tres do solpor Cíes   PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)

Os contrastes de Marrocos

A medina de Marrakech Caos. Motos, peons, bicicletas, coches, cabalos, burros cruzándose sen orde aparente. Ruas pequenas e prazas colapsadas. Nenos acostumados a pedir cartos os foráneos, por necesidade, por picaresca, ou por ambas as dúas. Xente, moita xente. Sensación de que cada persoa coa que se cruza a mirada é un comercial. Tentar o desenrolo mantendo a tradición. Multitude de oficios. Mercados. Caras concentradas, caras ausentes. Jamaa el Fna   Ausente. Zoco Porta da Medina Productos exóticos O sur do Anti Atlas Ausencia de vehículos; algún carro tirado por burro. Casas de adobe. Rúas de terra. Xente modesta, que comparte o pouco que ten. Rapaciñ@s que asaltan os foráneos ao sair da escola para practicar o francés aprendido na clase. “Bonjour!”, “Comment tu t´'appelles?”. Nenos nómadas que xogan con cabras, a falla de xoguetes ou de outros nenos. Pastores, agricultores. Tranquilidade. Caras de esforzo, caras sorri