Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2020

Atmósferas en Saians

Hai días nos que a névoa se extende pola ría de Vigo, pero non é alta dabondo para cubrir os montes da contorna. Neses días, ao subir polos bosques de Saians e San Miguel, ao alzanzar o límite da brétema, as escenas que aparecen resultan ben curiosas.  A choiva e a névoa pechada, na que os eucaliptos resultan ainda máis tétricos, dan paso aos raios de Sol cando se vai gañando altura O sol tenta colarse entre as ramas das arbores, mentres a capa de neboa que envolve todo realza os raios de luz, creando unha atmósfera case de conto. Lendas do bosque Camiñando entre nevoas Inicio Invasores escondidos Raios Choiva, charcos e eucaliptos Atmósfera de conto Luces entre arbores Os que saen coa auga

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Camiño

Camiño dos Faros. Lires e a praia do Rostro

Os Cantís de Lires son un dos recunchos máis curiosos e fermosos de toda a Costa da Morte. E a praia do Rostro transmite unha inmensidade tan deserta que fai que un se sinta moi moi pequeno. Posiblemente a derradeira etapa do Camiño dos Faros sexa a máis fermosa de todas. Derradeira etapa Nemiña Costa da Morte O camiño dos Toxos Poesía Recunchos O Rostro A praia inmensa Cobertura? Area e area Esquecerse de todo Paraiso do Norte Fai un tempo, había unha pintada preto do parking da praia de Lires. Sinalaba o acceso a un carreiro que levaba aos cantís. Baixo unha frecha indicativa estaba escrito “Poesía”.  Pode que esa definición sexa excesivamente lírica, e dende logo os toxos que soen acompañar no carreiro de acercamento ao precipicio quitan toda gana de facer versos. Pero unha vez ahí dentro, a paisaxe é impresionante. Son un dos momentos estrela do Camiño dos Faros. As rochas, o mar, a praia do Rostro e a punta do Castro ao fondo crean unha escena que é un regalo para a vis

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e a F