Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Paseos estraños

Primeira fase do desconfinamento. Saidas de paseos extranos. Sen bullicio. Un andar distante, silencioso, coas luces tenues da fin do día. Camiñantes que vagan sen rumbo, pero con percorrido acotado. Buscando o espazo libre na rúa. Sensacións incómodas ao cruzarse alguén, sentindose fora da zona de confort.  Paseos estraños Camiñantes sen rumbo Andar distante O espazo Luces ténues Sábado noite diferente Ainda que a maioria da xente faise cargo da situación, sempre hai xente que pensa que o seu criterio está por enriba das normas. Esas persoas que miran polo seu, e consideran a sociedade como un conxunto de individuos. Non como un colectivo que busca o ben común.

A desescalada

As normas de desconfinamento son para tod@s, e para protexernos a tod@s. .  As veces poden parecer absurdas, como rodar na bici a 20 metros de distancia da persona coa que durmes todas as noites. . Ou ter que sair de madrugada da casa para pedalear por pistas nas que normalmente apenas se atopa xente. . Pero é imposible facer normas de desescalada para cada persoa. E como están para salvar vidas, é a nosa responsabilidade cumplilas.  . Ademáis, teñen as suas vantaxes: Percorrer os montes da contorna de Vigo mentres sae o sol é algo novo e ben fermoso. . Rodar por enriba da cidade mentres esperta, cos primeiros raios de sol asomando entre os cumios. . Escoitar os paxaros nas marismas do lagares. Sen ruido de coches que molesten. . Percibir dende o alto como o Sol lle gaña terreo á noite. Ver como, aos poucos, vaise iluminando a Ría . Ver as cores da primavera cos tonos do amencer. . Eso sí,

Muiños de Couso

Roteiro polos muiños de Couso (Gondomar). Entre o río Matalagartos e o propio rio Couso. En inverno e época de choivas: follas no chan e regos cargados de auga. Da canalización ao rego    Muiños de Couso Rego Matalagartos Rego Cheo A pontiña Rego couso Choivas de inverno Temos a sorte de contar con tesouros completamente afastados da civilización en o ruido das cidades ben preto da casa. Os muiños de Couso son un deles. Os verdes, a auga, o rego, as pontes, as fervenciñas... fan deste percorrido un lugar ideal para evadirse por unhas horas. O roteiro non é moi longo e é sinxelo. Ainda que a data de xaneiro de 2020 non estaba sinalizado, co que se fai necesario un gps. pódese descargar aquí .

Terras do Burón

Antigo nome do territorio que engloban os actuais concellos de A Fonsagrada, Ribeira de Piquín e Negueira de Muñiz. Que hoxe, xunto con Baleira e Pontenova, forman a parte galega da reserva da biosfera "Eo, Oscos e Terras do Burón". A súa historia xira ao redor do Camiño primitivo de Santiago. Pero hai moito máis... Miradoiro de Barangón Seimeira de Vilagocende Marronda Horreo da Cortevella Rio Queixoeiro A Chaila Senda de Vilagocende Muiño da Cortevella Castro Viladonga Auga Inverno dos castiñeiros na Fonsagrada Muiño no Río Suarna Seimeira de Queixoiro Percorrer a comarca da Fonsagrada transmite unha sensación de afastamento total. Extensións inmensas, verdes, bosques, rios e carreiros nas que a man do home apenas se manifesta. E cando se manifesta a natureza volve engulir. Calquera época do ano debe de ser boa para descubrir as Terras de Burón, xa que estas imaxes foron tomadas na supo