Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2020

La puerta violeta

  Algúns dos novos cantantes da escena musical teñen letras que me parecen realmente machistas. Descoñezo se as escriben así por provocar e tentar ser políticamente incorrectos, ou se responden a conductas estructurais, ou se son intrínsecas a algún estilo de música. En todo caso, entristeceme. Por iso pra min é tan fermoso e tan necesario que haxa outr@s artistas que lle canten ao empoderamento, ás relacións sanas, e a alegría. Ou a todo á vez. Rozalén - La puerta violeta

GR53

A senda panorámica de Vigo, a pesar do seu nome, non ten como maior interese as "vistas panorámicas" que ofrece da cidade. Ao meu entender, o principal atractivo que ten é que percorre todos os bosques da contorna. Ou o que queda deles. GR53 en Coruxo Galiñeiro dende o Cepudo Bosque Místico. Candeán Vixiador Carreiro de follas Lagoas (desviación) O GR en Outono Bosque escuro. Vixiador Muiños de Zamáns Névoa no Vixiador Bosque de Beade Rio Zamáns (desviación) Cabral Peinador Descoñecido por unha boa parte da cidadanía, este carreiro de gran percorrido (GR) é un auntentico tesouro en potencia. As marcas vermellas e brancas están incrustadas en bosque autóctono (Carballo, castiñeiro) e tamén en masa forestal de piñeiros, ainda que a senda non está exenta de eucalipto. Hai  tramos e recunchos verdadeiramente espectaculares. O camiño, en moitas ocasións, permite abstraerse completamente, perderse entre as árbores, e facer esquecer que está tan preto de unha urbe tan grande como Vi

Ancares

 Ancares, Piornedo, Mustallar.  Os cumios, os bosques e as pallozas da serra antes da chegada do outono.   Fiestra de Ancares Pobos colgados do val Mallada do Mustallar Verdes da serra Raiña de Ancares Pedreira do Mustallar Gardián da palloza Val A piques da chegada do outono O espía Cresteando polo Agulleiro Carreiros A cor predominante nos ancares en primavera e vran é o verde. Cos seus diferentes tonos cubre todas as boscosas e empinadas laderas. Resulta un espectáculo para a vista percorrer os sinuosos carreiros que unen os  pobos colgados dos vales, entrando e saindo de bosques e prados de alta pendente. Admirando unha e outra vertiente ao mesmo tempo.  Non é menos fermoso crestear polos cumios, gozando coas vistas dos vales dende o alto. Os profundos vales dos Ancares sempre son unha vía de evasión.   As fotos son de Setembro, do final do vran, antes de que chegue o outono coas suas tonalidades. Estación que, abofé, é ainda máis fermosa. As imaxes foron tomadas en dúas rutas con