Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2023

Cantís de Loiba

Poucos lugares hai máis impresionantes en Galicia que os cantís de Loiba e as praias que os rodean. Extensións de area inmensas rodeadas de cortados de pedra negra. Estas fotos son de paseos ao medio día, que é o peor momentos para poñerse coa cámara. E ainda así chaman (a min polo menos) moito a atención. 

Petra. Desfiladero e Tesoro

Todo o que digan de Petra é certo. O que aquí fixo a cultura nabatea é impresionante. Resulta incrible imaxinar como puideron facer estas tumbas xigantes esculpidas na pedra, tendo en conta que teñen que comezarse dende arriba a abaixo. E máis tendo en conta que o chan na súa época estaba un par de pisos por baixo, soterrado pola area que arrastran as augas. Xa só o desfiladero, o Siq, fai que pague a pena a visita. Camiñar entre as sinuosas paredes, que servían para esconder o Tesoro (al Khazneh, o de Indiana Jones), pero tamén para canalizar a auga. Eso si, vendo a pelicula da Última Cruzada, un imaxina que atravesando as columnas vai atopar moreas de pasadizos, incluso algún templario. Nada diso, a fachada remata catro ou cinco metros detrás da columna, só é un adorno de tumba de ricos. Nin sequera a gran cantidade de visitantes enturbia a visita (e iso que cando fun viña de comezar o ataque de Israel a Gaza, e moitas reservas se cancelaran pola proximidade do conflicto).  Nin tampo

Castrelos

 Que sorte ter un espazo verde tan grande en Vigo.  Da igual a época do ano na que se pasee por el.  En inverno están as magnolias, e esas luces ténues nas polas sen follas que a min me encantan.  na primavera a explosión de cores das frores.  no vran é un refuxio térmico, moi necesario nunha cidade concebida en formigón, sen sombras, e que se está convertindo en intransitable cando ven a calor. Compre poñelo en valor e coidalo. eu penso que non só é un escenario no que xuntar milleiros de persoas nos concertos do vran. É parte do patrimonio da vila que debemos deixar como está as vindeiras xeracións.