Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2016

O derradeiro raio de luz en Cabo Home

Cabo Home é un dos lugares que máis me atrae. O horizonte do océano, a altura da perspectiva dos cantís, o vento, a vista panorámica, o ruido do mar batendo nas rochas… Estando ali tense a sensación de estar apartado de case todo. O seu faro é sobrio e sinxelo - non deixa de ser unha construcción cilindrica cun par de fiestras - pero estando onde está, non necesita nada máis. Encaixa perfectamente entre as abruptas rochas que o rodean e as insistentes ondas do Atlántico. Cabo Home impresiona en calqueira momento, pero cando resulta máis espectacular é cando empeza a iluminalo o derradeiro raio de luz. Derraderiro raio de luz en Cabo Home Faro de punta robaleira entre as pedras Cantís vermellos   A primeira tarde de inverno que visitei Cabo Home con cámara en man, buscaba as tonalidades do sol previas ao solpor. Pintaba ben a cousa: As nubes xustas e necesarias, o mar inquieto... Mágoa era que esas mesmas nubes que lle daban contido ao ceo, estaban a tapar

Muniellos

Na veciña Asturias, entre Ibias e Cangas de Narcea, está a reserva natural de Muniellos. A carballeira máis grande da peninsula ibérica.  Como todas as cousas nas que o home apenas puxo a man enriba, é preciosa. A parte baixa, a do río, é unha fraga xigante de faias, teixos, bidueiros... E carballos, claro. As partes altas do bosque, máis escarpadas, mostran fermosas vistas ó val dende arriba. Respecto as imaxes; son da primavera, polo que o protagonista é o verde. Bosque de Muniellos Outeiros edreira de musgo Mirar arriba

Sachsenhausen

Isto é un blog de fotos, e non acostumo a escribir moito. Pero despois da visita ao campo de concentración de Sachsenhausen estiven a darlle voltas a cabeza sobre o que vin, e decidinme a compartir en "ollarpolafiestra" o que coñecín alí. Non é moi orixinal, pero sentino así. Estas non son grandes fotos, nin fermosas, nin nada técnicas. So tentan transmitir a desazón que se sinte ao ir descubrindo as cousas que sucederon nese lugar. Sachsenhausen foi un dos primeiros campos de concentración en construirse. Pola súa cercanía a Berlín, rematou sendo a sede das xefaturas administrativas do entramado de campos nazis. Antes da guerra, os prisioneros eran principalmente opositores ao réxime e xudeus. Durante a guerra, chegaron moitos polacos e soldados rusos. Se calcula que pasaron 140.000 persoas polo campo. En principio foi de concentración, non de exterminio, pero alí morreron ou foron executados mediante horca, gas, ou fusilamento uns 30.000 presos (