Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2016

Pura Vida (2)

Segunda e derradeira entrada de animáis en Costa Rica, que completa a primeira . O principal problema para captar a fauna foi que, obviamente, os modelos móvense.  Coa pouca luz que entra na selva nubosa faise complicado sacar imáxes nítidas. Hai que sorprender aos protagonistas da foto un pouco despistados. Durante a estancia en Costa Rica, visitamos un Zoo (disfrazado de hospital da natureza). Alí dentro non tería estes problemas coas fotos. Sen embargo, preferín non levar a cámara.  Os animáis, como as persoas, sempre lucen máis cando se senten en liberdade. O xantar do Perezoso A mirada do lagarto Pelicano no solpor Araña oro orbe Desfile de formigas O cangrexo que bailaba muiñeira O esquivo tucán (*) (*) O tucán aparece en todas as guías de Costa Rica. Pero o único xeito de velo de cerca e quieto é nun zoo. En liberdade está constantemente en movemento nas partes altas das árbores. A foto non é maravillosa, pero a

Porqué?

Porqué? A resposta práctica a esta pregunta é de sobra coñecida. En realidade hai moitas respostas. Cada unha máis indignante que a anterior. O que non son capaz de entender é o porqué máis profundo… o que fai que a condición humana sexa capaz de destruir deste xeito o que lle rodea e alimenta Hoxe, Setembro 2016, o P.N. do Xurés, pero tamén a Curota en Agosto. Outrora, as Fragas do Eume, Monte Pindo, o ano 2006… Cada vran somos un pouco máis pobres. Nota: A imaxe do incendio utilizada para o reflexo é de EFE, dunha nova de 20minutos sobre o incendio en Yosemite Park do 2013