Saltar ao contido principal

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Barragán

 En Galicia, a terra dos mil ríos, posiblemente o Barragán non deixe de ser un máis. Outro deses regos con moreas de recunchos que, por sorte, mantense sen estragar. Quizáis por non ter acceso inmediato nin cercano dende as grandes urbes, ou por non ter un percorrido moi sinxelo, ou por ter a fortuna de non estar cruzado polo trazado de ningunha autoestrada ou via do tren, o afluente do Oitavén conserva a súa contorna nun estado aparentemente intacto, alonxado de masificacións ou aberracións. A fraga do Barragán é das máis fermosas da provincia de Pontevedra. Fotos feitas no percorrido do PR164

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Cavalls del Vent. Etapa 4

Máis prados, bosques, treboada e o refuxio Sant Jordi.   Prados de altura Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/400s f/11 ISO125 Vixiantes Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/5.6 ISO125 La Molina no vran Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 26mm 1/250s f/11 ISO125 Raio de sol no bosque Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 52mm 1/160s f/5.6 ISO250 Cadí Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/250s f/5.6 ISO125 Faias Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 18mm 1/80s f/6.3 ISO125 Ameaza treboada baixo o Moixeró Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 40mm 1/80s f/11 ISO125 Sant Jordi. Nikon D7000. Nikkor 18-55 f/3.5. 55mm 1/125s f/5.6 ISO125 A vertente do Niu d´Aliga polas pistas de esquí non ten nada que ver coa que ven dende Penyes Altes. Suave descenso por un carreiro e por un prado. Vacas e rebecos acompañannos a distancia. Outra vez vemos o Pedraforca e o Comabona, pero dende este lado tamén as Penyes Altas e o Moixeró, que na ca...