Saltar ao contido principal

Medellín e Guatapé

 Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé.

Pacha Mama
A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios.
A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia.

Praza Botero


Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control. 
Colibrís
A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares. 

A primeira foi a chamada "Mariscal" en maio do 2002, no que faleceron 17 personas. E a segunda "Orion" en outubro do mesmo ano, no que houbo 72 personas mortas. Esta segunda non a realizou o exercito, estivo a cargo de paramilitares. 
Colinas de Medellín

Esto é algo curioso de Colombia, onde o goberno contrata organizacións deste tipo para facer traballos que non pode facer un estado democrático, ou porque directamente os paramilitares teñen máis medios que o propio exercito. 
Expo de pintura e luces

Quen dirixiu a operación foi un tal Alias Domberna, que (sempre según a guía que nos presentou o barrio) manexábase de xeito arbitrario. Nesta época de control paramilitar houbo moitas desaparicións de personas, atoparonse cadáveres nunha canteira próxima. Había cadea selectiva de ata 5 anos de cárcere sen xuizo previo. Personas que ao sair libres eran señaladas e debían abandoar o seu fogar.
Toda esta violencia deu paso, tras un torneo de descenso de bicis (imaxino algo parecido ao Marisquiño, salvando as distancias) que tivo lugar en 2018. Para poder celebralo, as bandas garantizaron a seguridade do evento. 

Mural que representa a evolución da Comuna

O impacto positivo foi tal, que cambiaron turismo por mafia. A comuna 13 convertiuse nun referente de cultura urbana, dende baile, pintura, música, djs... As vivendas transformáronse para dar cabida a bares, tendas, exposicións...
As fachadas encheronse de murales e de colorido. Hai multittude de atraccións e miradoiros para os turistas. Din que a forma da comuna é coma un corazón, xa que o centro da barriada está situada nunha empinada colina, onde as rúas son ben complicadas. máis ben hai escaleiras e, de uns anos a actualidade, ascensores ou rampas mecánicas.

Artistas como Maluma ou Juanes grabaron videoclips no mesmo campo de futbito no que antes se facían execucións públicas.


Agora mesmo é un dos destinos máis visitados de Medellín. Eso si, o control segue sendo das bandas, non da policía, son as que facilitan o pacifico desenrolo dos novos negocios. 


O cal non é demasiado democrático. E tampouco sei se desapareceu de todo a delincuencia. Pero non se pode negar o cambio que sufriu dende hai unhas décadas á actualidade.
Guatapé


Medellín non é solo Comuna 13. Tamén visitei a famosa praza onde Botero cedeu unha boa cantidade das súas carácteristicas esculturas.
A foto máis vendida de Escobar


Guatapé é un pequeno pobo turístico, que ten preto un peñón que se pode visitar. 
Ten unhas escaleras para acceder a el. Non sei se foi polas masificacións, pero non me chamou demasiado a atención. 


As vistas do encoro dende arriba son fermosas. Nas beiras dese encoro, nun lugar privilexiado por controlar toda a contorna, tiña a casa (como non) Pablo Escobar. Foi a residencia que tivo que abandoar de súpeto por sufrir un ataque dos seus enemigos os Pepes e o Cartel de Cali.


Máis entradas de Colombia Aquí

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.