Saltar ao contido principal

Passaran. Montgarri - Estagnous

 Etapa 4 do Passaran



Etang Long

Esta é a etapa que me pareceu máis fermosa de toda a travesía. 

Montgarri

Si se fai o percorrido saindo de Montgarri é a primeira. Para nós foi a cuarta. Creo que mellor así.


Montgarri é un refuxio que está ao lado dunha fermosa capilla. Ten acceso en coche. Está moi ben e cómese xenial. 

Col Barlonguera

Alí desaconsellaronnos subir o Barlonguera polo incómodo do camiño. Outro pico que non subíamos. Recomendaronnos o Mont Vallier, ao rematar a etapa, que era máis asequible.

Baixada a Etang Long e Mont Valier ao fondo esquerda

O primeiro tramo do día atravesa o bosque da Gireta, baixo a serra do mesmo nome, e alcanza o collado que se chama tamén Gireta. Dende ahi non se ve o Barlonguera porque o tapan montes que están antes. 

Na baixada, pasado o collado que se chama Barlonguere, as vistas do Etang Long son impresionantes. E abaixo, case máis fermoso. 

Etang Long
Este lago hai que bordealo

Ten algún paso que hai que botar as mans. 

tras deixar atrás o Etang Long, chegase a un collado onde o refuxio de Estagnous xa se ve o fondo, e enriba o imponente Mont Vallier.




Pero antes hai que facer unha baixada forte, na que hai unhas cordas para axudarse, ata o Etang Rond (os franceses non se comen moito o tarro cos nomes dos lagos). 


Etang Rond

E despois unha subida destas de peito, que coa solana desas horas fixose algo bola. 



De feito, ao chegar ao refuxio, descartamos subir o Mont Vallier polo cansanzo, e porque ameazaba treboada.


Pero tampouco me pesou. O refuxio de Estagnous, ademáis de moi acolledor, ten un balcón cunhas vistas impresionantes. 

Estagnous
E cun solpor que é dos máis fermosos que vin en montaña. Pero eso queda para outra entrada que ben a merece.


Máis entradas do Passaran Aquí

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Carros de Foc. Día 3

Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia. ​ Bos días Restanca! Estany escondido Por aquí non pode ser Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande Entre lagos Estanys gelats de Tumeneia Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno) Algo máis que descanso Xa se ve o refuxio! ​ Restanca – Ventosa i Calvell Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar volta tíñamos todo o día. Comezamos a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos.  A pesar da néboa ...

Letras galegas

17 Maio 2016 Galiza  docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! ... Galiza somos nós: a xente e máis a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.(*) Manuel María, Os soños na gaiola. (*) Extracto do poema "Galiza"

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta a...

A Fraga de Coiro

Esta pequena xoia do Morrazo une a parroquia de Coiro co alto de Ermelo. Para adentrarse nela dende o sur, hai que comezar subindo polos camiños que aparecen despois da igrexa. Pouco a pouco, os ruidos do esperpéntico vial van deixando paso aos murmullos do Rego Bouzós. Entrada da Fraga O traxe verde do Carballo Outros habitantes da fraga Fontes de Luz Azafranes entre a sombra A fervenciña do Bouzós Ermelo Bouzós en outono Profundidades da Fraga A igrexa de Coiro 300 metros de desnivel. Carreiros auténticos, sen adecuar, un pouco laberinticos as veces. Raios de sol, que tentan abrirse paso entre as polas, sen moito éxito. Auga, carballos, follas, troncos novos, troncos vellos, sombras... Un verdadeiro oasis no deserto do monte invadido. Ogallá resista. Xa o dicían eses artistas de SOAK: Polo monopolio do eucalipto… viva san carballiño!