Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2021

Contorna de Cabo Estai

  Cabo Estai, en San Miguel de Oia de Vigo, é dos recunchos máis afastados e solitarios da area do Concello. É das poucas zonas litorais no municipio onde o mar comportase como mar, e o vento arrecia e as ondas rachan con forza nas rochas. Quizáis por eso parece tan desanxelado. Como en tantas e tantas ocasións en Vigo, no pasado e no presente, Cabo Estai está estrepitosamente desaproveitado, ou en proceso de estragarse. A desafortunada ubicación do Instituto Oceanográfico, sobre as propias rochas do cabo, cun alto muro de formigón, dificulta o aceso ao Faro. Ademáis, hai que sumarlle os casoplóns-bunker a pé de costa, de dubidoso gusto, que rodean e incluso dificultan chegar as diferentes calas e rochas do cabo.  Non queda ahí a cousa, O Faro, o único elemento construido polo home que aporta encanto en Cabo Estai, ten o aceso restrinxido, xa que está dentro da zona da autoridade portuaria. Realmente o de “Abrir Vigo ao Mar” é unha broma ou unha burla. Este recuncho que podería ser esp

Entre as rochas de Cabo Estai

Soidade en Cabo Estai   Lusco e fusco Entre as rochas de Cabo Estai O Barco e a baliza A mellor vista das Cíes Auga atrapada Gosto ir de cando en vez a Cabo Estai, a pesar de quedar tan afastado, para mergullarme nos seu abandono temporal e gozar das súas paisaxes. Cabo Estai ten probablemente o mellor solpor de Vigo, e a mellor vista das Cíes. Ten un miradoiro natural das ondas rachando, que nos días de vento resulta hipnótico. Único na vila. Baixar as rochas cando o sol está a caer é gozar de fermosos contraluces das ondas e as rochas coa silueta das cies e as diferentes embarcacións de fondo.