Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2024

Sanxenxo

Sempre me botou para atrás ir a Sanxenxo, por motivos completamente subxetivos.  Principalmente que é un lugar moi recurrido onde o Rei Bribón vai a navegar, e o tipo de turismo que busca un perfil co que eu non comulgo moito. Por iso non fun moito, máis alá que a praia de paxariñas ou ir de festa a portonovo. O derradeiro setembro fun de camping coa idea de percorrelo coas bicis, e descubrín que ata agora fora moi inxusto. Hai moitos recunchos que creo que non se petarán nin no vran, a xente super amable (maila ser setembro e estar a fin de tempada).  Hai moito camping, e non tanta super urbanización turistica como agardaba. Resultoume moi ciclable, agás algún super repecho. E sobre todo moi fotoxénico. Tanto para facer fotos dende a bici coa Nikon AW130 como para pararme coa Leica.

Amman. Down Town

 Amman, a cidade construida sobre sete colinas (na actualiade penso que son varias máis), ten como parte histórica o que se chama Down Town (porque está debaixo da Cidadela) Neste barrio é onde se atopa maior rebumbio de xente e vehiculos.  Como todos os barrios da capital, ten o seu zoco, que non é enorme, pero que ten moita actividade e, sobre todo, moitas cores, que é o que me chamou a atención. Gustame tamén a homoxeneidade dos edificios, que fan que se aprecien as colinas. como restos históricos destaca o Teatro Romano, moi ben conservado. O conflicto israelí-palestino estaba moi presente cando visitei Amman. Normal, tendo en conta que moita porcentaxe da cidadanía Jordana é descendente de migración Palestina. Máis fotos de Jordania  aquí

Alentejo. Praias sen final

Praias entre Troia e Sines. Realmente semella un único areal que non remata nunca. Exposto ao atlántico. Máis fotos do Alentejo aquí