Amman, a cidade construida sobre sete colinas (na actualiade penso que son varias máis), ten como parte histórica o que se chama Down Town (porque está debaixo da Cidadela)
Neste barrio é onde se atopa maior rebumbio de xente e vehiculos.
Como todos os barrios da capital, ten o seu zoco, que non é enorme, pero que ten moita actividade e, sobre todo, moitas cores, que é o que me chamou a atención.
Gustame tamén a homoxeneidade dos edificios, que fan que se aprecien as colinas.
como restos históricos destaca o Teatro Romano, moi ben conservado.
O conflicto israelí-palestino estaba moi presente cando visitei Amman. Normal, tendo en conta que moita porcentaxe da cidadanía Jordana é descendente de migración Palestina.Máis fotos de Jordania aquí