Sempre me botou para atrás ir a Sanxenxo, por motivos completamente subxetivos.
Principalmente que é un lugar moi recurrido onde o Rei Bribón vai a navegar, e o tipo de turismo que busca un perfil co que eu non comulgo moito.
Por iso non fun moito, máis alá que a praia de paxariñas ou ir de festa a portonovo.

O derradeiro setembro fun de camping coa idea de percorrelo coas bicis, e descubrín que ata agora fora moi inxusto.
Hai moitos recunchos que creo que non se petarán nin no vran, a xente super amable (maila ser setembro e estar a fin de tempada).