Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Redes: Alba, Mongallu e Ubales

 Fotos de lugares moi coñecidos do parque natural de Redes: a ruta do rio Alba, a fervenza ou tabayón de Moncallu, e o Lago Ubales. Camiño ata o Tabayón de Moncallu: Senda do rio Alba: Bueres: Lago Ubales dende León:   A s sendas do Tabaillon de Moncallu dende Tarna, e o desfildero da Ruta do Alba dende Soto de Agues son dous clásicos de Redes. Probablemente porque están ao alcance de todos os públicos, e pola súa fermosura. A beleza natural destes enclaves brilla todo o ano, pero destaca especialmente no outono. Maila que coincida un día de choiva, como no que foron tomadas estas fotografías. Fastidia chegar dende tan lonxe e non ver un raio de sol que ilumine as follas otoñais das faias de Redes, pero ainda así a viaxe paga moito a pena. As estampas son diferentes pero igualmente interesantes e espectaculares. O lago Ubales é algo máis difícil de Acceder. Esta acumulación de auga glaciar está preto do collado Acebal, frontera de Asturias e León. As andainas que parten da vertiente as

Barragán

 En Galicia, a terra dos mil ríos, posiblemente o Barragán non deixe de ser un máis. Outro deses regos con moreas de recunchos que, por sorte, mantense sen estragar. Quizáis por non ter acceso inmediato nin cercano dende as grandes urbes, ou por non ter un percorrido moi sinxelo, ou por ter a fortuna de non estar cruzado polo trazado de ningunha autoestrada ou via do tren, o afluente do Oitavén conserva a súa contorna nun estado aparentemente intacto, alonxado de masificacións ou aberracións. A fraga do Barragán é das máis fermosas da provincia de Pontevedra. Fotos feitas no percorrido do PR164

Senda de Camille: Castillo de Acher e Oza

    Castillo de Acher Selva de Oza Vacas baixo o Costatiza Admirando as cores do castelo Bisaurín Curiosa Baixando por Taxeras Caminar nun conto de fadas  (Selva de Oza + filtro) Para min e a etapa máis fermosa. Atravesar a selva de Oza tira moito para arriba, pero é un tupido e espeso bosque de faias, onde a pouca luz que entra na foresta colase entre as follas como si se tratase dun conto de fadas. Saindo do bosque, a subida ao collado de Secús transcurre entre prados de vacas, flanquedados entre as paredes do Costatiza por un lado, e do propio Castelo de Acher polo outro. Os tonos da terra vermella van gañando protagonismo entre o verde da herba a medida que se ascende. No collado de Secús, cando se alcanza a altura do Castelo, a vista resulta de ensoño. As impresionantes formaciones rochosas e a mestura de cores variadas alcanzan o seu culme. Na baixada hacia Gabardito, polo pouco transitado val de Taxeras (apenas hai sendero) podemos admirar a imponente figura do Bisaurín, o obxec