En Galicia, a terra dos mil ríos, posiblemente o Barragán non deixe de ser un máis. Outro deses regos con moreas de recunchos que, por sorte, mantense sen estragar.
Quizáis por non ter acceso inmediato nin cercano dende as grandes urbes, ou por non ter un percorrido moi sinxelo, ou por ter a fortuna de non estar cruzado polo trazado de ningunha autoestrada ou via do tren, o afluente do Oitavén conserva a súa contorna nun estado aparentemente intacto, alonxado de masificacións ou aberracións. A fraga do Barragán é das máis fermosas da provincia de Pontevedra.
Fotos feitas no percorrido do PR164