Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2018

Morte verde

O que necesita o monte para arder é unha man que o prenda, unhas condicións climáticas determinadas, e combustible. Contra o primeiro destes elementos: a xente que prende, pouco se pode facer a curto plazo. As costumes e usos do monte son complexos . É prácticamente imposible evitar que existan pirómanos. Os cambios de mentalidade son moi lentos. Ninguén di que non se deban perseguir, pero, sexamos realistas, é prácticamente imposible evitar que alguén prenda lume. Respecto as tramas incendiarias, probado está que son falsas. Non existen. Son excusas da administración. O segundo elemento; o cambio climático, é algo que pouca xente nega. As condicións “perfectas” para os lunes (o famoso 30-30-30; máis de 30ºC temperatura, máis de 30Km/h de ventos, menos de 30% de humidade) que sufrimos en Vigo aquel 15 de Outubro do 2017, van ser cada vez máis frecuentes no futuro. Por suposto que cada un/a de nós pode poner o seu graniño de área para evitar o cambio climático. Pero este é