Saltar ao contido principal

Morte verde






O que necesita o monte para arder é unha man que o prenda, unhas condicións climáticas determinadas, e combustible.

Contra o primeiro destes elementos: a xente que prende, pouco se pode facer a curto plazo. As costumes e usos do monte son complexos. É prácticamente imposible evitar que existan pirómanos. Os cambios de mentalidade son moi lentos. Ninguén di que non se deban perseguir, pero, sexamos realistas, é prácticamente imposible evitar que alguén prenda lume. Respecto as tramas incendiarias, probado está que son falsas. Non existen. Son excusas da administración.

O segundo elemento; o cambio climático, é algo que pouca xente nega. As condicións “perfectas” para os lunes (o famoso 30-30-30; máis de 30ºC temperatura, máis de 30Km/h de ventos, menos de 30% de humidade) que sufrimos en Vigo aquel 15 de Outubro do 2017, van ser cada vez máis frecuentes no futuro. Por suposto que cada un/a de nós pode poner o seu graniño de área para evitar o cambio climático. Pero este é outro tema. É transfronterizo.

Onde si deberiamos involucrarnos tod@s, a sociedade galega en xeral, é na erradicación do combustible nos nosos montes. O eucalipto, ahí donde o vemos, tan verde, é como un bidón de gasolina na natureza. Reseca o solo, e reproducese co lume.

Nos incendios do 15 de Outubro houbo unha man que prendeu, certo. Pero o que fixo que a catástrofe fose tan grante, foi a cantidade de masa forestal de especies pirófitas que hai nos nosos montes.

Despois de aquel día terrible, teño escoitado Bombeiros dicir que viron eucaliptos propagando o lume polas copas, pasando dunha arbore a outra sen necesidade de prender de todo. Máis rápido que unha persona correndo. Teño amigos que recolleron follas queimadas de eucalipto nas súas terrazas, a varios kilómetros dos incendios.

Na sociedade que vivimos, necesitamos culpables, malvados, nos que recaían as culpas e descargar a nosa raiba. Por iso  vendennos as historias dos terrorismos incendiarios, ou cremos o bulo dos tipos da moto que iban a noite do 15 de Outubro prendendo lume por todo Vigo. É máis facil crer as tramas incendiarias que a rapidisima propagación do lume coas condicións axeitadas. É máis facil crer a historia inverosimil da moto que o feito de que unha folla de eucalipto poida desplazarse quilómetros incandescente.

Aquí haberá algún malvado, si. Pero a raiz da dimensión do problema non son as personas malas, son as personas que xestionan mal.

Despois do 15 de Outubro, tamén comprobei como as especies frondosas, as autóctonas, arden moito peor que o eucalipto e o pino. As zonas húmedas nas que abundan as nosas especies quedaron moito menos arrasadas que nas que domina a arbore australiana. Os bosques de frondosas, inda que parecían queimados, van rexurdindo e non todas as arbores están mortas. Unha ladeira de especies autoctonas é un cortalumes natural. Por moito pirómano que haxa, por moito 30-30-30 que se dea, por moito foco que se prenda, nunca vai haber un incendio coma o de 2017 nun bosque húmido, nun bosque de frondosas, nun bosque galego.

A administración non entende isto, ou non quere entender. Prefire investir máis en apagar que en prevenir. A súa idea é continuar co modelo forestal do eucalipto, incluso aumentalo, para manter en Galicia á papeleira que os compra

Seguro que é con boa intención, este modelo quizáis sexa ideolóxico, ou quizáis non, quizáis deban algún favor.
Os nosos veciños portugueses entenderono, nós non caemos da burra.

Por moi controlado ou parcelado que esté o eucalipto, é una especie de alto risco de incendio. O lume vaille ben para reproducirse. Despois dun incendio, a primeira arbore que crece en poucos meses é o eucalipto, moito máis rápido que calquera outra. En Coruxo, onde antes había piñeiro, agora está nacendo un minbosque de milleiros de eucaliptos pequenos. Como arbustos.
Cheiran ben, incluso teñen un verde atractivo, pero son o combustible do incendio do futuro. Basta ver os montes de Nigrán, Vigo, Redondela ou o Morrazo para comprobar que esta especie extendese descontroladamente sen competencia tralos incendios.

Como dícían aqueles fenómenos de Soak: "A culpa non é do arboliño, é obvio, naturalmente, a culpa é dos julais que os plantaron indiscriminadamente" Ninguén di que non se deba manter algúna plantación. Ninguén fala de "criminalizar especies" como di a Xunta. A diversidade é boa, e en medida moderada é madeira útil (por exemplo as bateas fanse con eucalipto). Pero non producciones a grandísima escala, nin plantarse en zonas con condicions climáticas que favorezan os incendios (Nas rias baixas, ou no interior, os eucaliptos son un completo perigo)

Os postos de traballo non deben ser excusa para manter este modelo forestal. Unha plantación autoctona tamén pode ser rentable a medio prazo. Con todos os millóns que se gastan cada ano en incendios ben se podería subsidiar outro tipo de explotacións, ata que chegasen a ser rendibles por si mesmas. Habería que dar unha alternativa as comunidades de montes e propietari@s de parcelas para que non teñan dependencia da venta de madeira para subsistir.

“Morte” e “verde” non son palabras que acostumen a ir asociadas. Quizáis esta imáxe sexa unha hipérbole, inda que no caso do monte galego, quizáis non. O 15 de Outubro de 2017 non o foi.

Xa que a administración non está pola labor, somos nós, a sociedade, a que ten que reclamar e manter un monte autóctono. Erradiquemos a morte verde e esixamos un monte forte, plantemos un novo monte con especies que resistan máis os lumes, un monte vivo e diverso, un monte para disfrutalo e explotalo de forma rendable, pero tamén sostible. Manter a nosa identidade natural, que é ben fermosa, e tamén trae riqueza.

Acadar un mínimo de axuda da xunta é indispensable, mentres non chega, dende a sociedade civil pódese ir avanzando. Hai moitos grupos de voluntariado mediante os que podemos informarnos, coordinarnos e colaborar. As brigadas deseucaliptizadoras deVerdegaia, colectivo Malaherba, comunidade de montes de coruxo... É cuestión de informarse cada un na súa zona.

E se non podemos axudar físicamente, polo menos concienciarnos.
A elección é nosa: “morte verde” ou monte verde.

Bosque queimado, bosque por queimar


The invaders


Eucalyptomordor
A illa autóctona


Australian Invaders



Fotos tomadas en Coruxo, un ano despois dos incendios
Entradas relacionadas neste Blog:
https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/09/porque.html
Porqué?




https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2017/10/tres-dias-despois.html
Tres días despois



https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2017/11/o-que-deixa-o-15-de-outubro.html
O que deixa o 15 de Outubro

Publicacións populares deste blog

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas pob...

Carros de Foc. Día 3

Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia. ​ Bos días Restanca! Estany escondido Por aquí non pode ser Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande Entre lagos Estanys gelats de Tumeneia Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno) Algo máis que descanso Xa se ve o refuxio! ​ Restanca – Ventosa i Calvell Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar volta tíñamos todo o día. Comezamos a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos.  A pesar da néboa ...

Letras galegas

17 Maio 2016 Galiza  docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! ... Galiza somos nós: a xente e máis a fala. Se buscas a Galiza en ti tes que atopala.(*) Manuel María, Os soños na gaiola. (*) Extracto do poema "Galiza"

Valle del Cocora

 Fotos feitas durante o roteiro de sendeirismo que percorre o val do Cocora. Dentro do eixo cafetero Colombiano. A ruta comeza no bosque de palmas de cera. Simbolo de Colombia. Aqui hai varios miradoiros e é unha zona moi visitada. A medida que se vai subindo e introducindose no val do rio Quindio vaise atopando menos xente. O carreiro pasa por varias fincas que son de pago. pensaba que era para protección da area, pero seica é porque son parcelas privadas. Tamén se pode visitar unha caseta onde se pode ver colibries e se pode tomar café. Para atraer aos paxariños, está rodeada de cuncos con auga con azucar.  Nun principio non mepareceu moi ben este intervencionismo para que os guiris vexamos a estes pequenos animáis. Pero despois estiven buscando e non teño claro que sexa perxudicial para eles, máis alá de que imaxino que se malacostumbrarán. O remate é unha baixada a beira do rio, que ten varias pontes e algunha fervenza, como a que se chama Palmas de Niebla. Track da ruta a...

A Fraga de Coiro

Esta pequena xoia do Morrazo une a parroquia de Coiro co alto de Ermelo. Para adentrarse nela dende o sur, hai que comezar subindo polos camiños que aparecen despois da igrexa. Pouco a pouco, os ruidos do esperpéntico vial van deixando paso aos murmullos do Rego Bouzós. Entrada da Fraga O traxe verde do Carballo Outros habitantes da fraga Fontes de Luz Azafranes entre a sombra A fervenciña do Bouzós Ermelo Bouzós en outono Profundidades da Fraga A igrexa de Coiro 300 metros de desnivel. Carreiros auténticos, sen adecuar, un pouco laberinticos as veces. Raios de sol, que tentan abrirse paso entre as polas, sen moito éxito. Auga, carballos, follas, troncos novos, troncos vellos, sombras... Un verdadeiro oasis no deserto do monte invadido. Ogallá resista. Xa o dicían eses artistas de SOAK: Polo monopolio do eucalipto… viva san carballiño!