Saltar ao contido principal

Ciudad Perdida Teyuna

 Fotos do acceso e visita a Ciudad Perdida Teyuna (Colombia)


Consiste nunha serie de plataformas circulares (máis de 140), situadas no medio da selva da Serra Nevada, onde se asentaron as tribus Teyuna. Nas plataformas construían as súas vivendas en madeira e Arcilla (obviamente non queda nada delas) Chegaron a vivir ata 2000 habitantes. 

Máis entradas de Colombia Aquí

Amencer

Considerase o Machu Pichu colombiano, aínda que é bastante máis antigo, e bastante máis grande que o asentamento peruano.

Foi descuberta sobre 1976, e Ainda quedan partes da cidade por explorar.


Sempre tiven ganas de realizar este "trekking". Dende que escoitara a Jon Sistiaga na radio falando del.


Pasaron anos dende que souben da ruta, e probablemente agora sexa máis doada e esté máis explotada. Construíronse pontes e agrandaronse carreiros.

Pero a dificultade segue sendo a mesma, máis que o desnivel acumulado (que o ten) as condicions de humidade e calor, que fan perder moita auga e sentir o corpo sudado en todo momento. E hai que seguir vadeando algún que outro río.

Detalles da ruta, no Wikiloc.



O feito de ter que camiñar 4 días con bastante esforzo fai que se reduza moito o número de visitantes. Os campamentos onde se pernocta teñen capacidade para mais de 200 persoas. Cando eu fixen a ruta eramos uns 30. Imaxino por ser época de choivas, que complica un pouco o traxecto. Polas diferencias de ritmo entre os grupos, a visita ao sitio arqueolóxico foi practicamente en soidade.



Antes de ser descuberta a Cidade perdida, moitas extensións da selva eran plantaciones de coca. O presidente Uribe Vélez, presionado polos USA, comezou a fumigar os cultivos. 



Ante as protestas das comunidades indíxenas, pasaron a romper as plantas a machete, xa que a fumigación indiscriminada envenenaba outras presentacións e especies, ademais de contaminar o auga dos ríos.


Pero según din, o que rematou por erradicar os cultivos de coca intensivos na Sierra Nevada foi o turismo xerado pola ruta a Ciudad Perdida. 

Poblado Teyuna

Tampouco teño datos para confirmar ou desmentir.

Follas de Coca

Algúns propietarios de campamentos antes eran terratenientes de cultivos de coca. 



Cambiaron a un modelo de negocio con menos sobresaltos.


O que fai particular esta ruta, ademais da visita ao Monumento, e que pasa polos territorios das comunidades indíxenas Teyuna, que son catro: Wiwa, Kogui, Arughako, Kankuamo.


Coas suas diferenzas, todas visten de branco, a cor da pureza.

Son sociedades más que hai un líder político e un líder espiritual, chamado Mamu.
Os roles están repartidos por xénero. 

Os homes adícanse a meditar mentres mascan follas de coca, e "escribir" os seus pensamentos impregnando, con axuda dun pau, cal unha cabaza chamada "Poporo", que lles é entregada tras un ritual. 

A mestura entre cal e saliva coca vai xerando unha forma cilíndrica, que se considera a escritura do seu pensamento.


As mulleres tecen bolsas para que os homes porten as follas de coca. Tal e como contan eles, están plasmando o seu pensamento na tela. Sacan o fío das plantas, e a color tamén.


As comunidades indíxenas chegaron a un acordo co goberno e coas axencias para permitir a existencia da ruta a cidade perdida.

A sua cultura é patrimonio da humanidade, e ten a dificultade para preservala que non presenta escritura.


Non son moi de falar cos turistas. Non se mesturan moito. De feito, tampouco se queren mesturar entre comunidades diferentes.

Para os indíxenas, eles/as son persoas importantes, e viven solo do que Lles da a natureza. Cultivan, crían animais, e recollen auga. 


Constrúen cos materiales que teñen arredor.  Non necesitan ao resto dos humanos e as suas comodidades. 

Se evitamos velos dende o punto de vista occidente-centrista, posiblemente sexan máis felices ca nos tendo todo o que teñen.


Todo ten os seus contrapuntos, xa que se esto fose completamente certo, non nos venderían pulseras nin figuras. Tampouco vería nenos de non máis de 8 anos tirando dunha mula que porta un turista que non quere subir a pé. 
Tardes de treboada na selva

Nin habería lixo tirado arredor de certos campamentos indíxenas. 


Son cousas que vin, pero que tampouco teñen por qué ser xeralizadas. 


En todas as sociedades hai niveles de ética, educación e civismo. 


Non nos fai a nos mellores, nin moito menos. Pero creo que sempre hai que ter un punto de vista crítico, e empático, non vou deixar de sentirlles admiración por eso.

Escalóns de chegada a Cidade Perdida


Premio do Trekking: A cidade Perdida Teyuna

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.