Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2023

Star Wars

Quén non foi nalgún momento seguidor ou seguidora  friki da guerra das galaxias? Quen non estivo pendente das aventuras e desventuras de Chewaka, Leia, Han Solo? Quen non quedou algo traumad@ coa historia de Skywalker e Darth Vader? Quen non é fan de R2D2? e quen non quedou algo ata o carallo do C3PO? Quen non pensaba que Yoda no fondo era un vello verde? A quen non lle mola a música que ponen cando saen os soldados do imperio? Quen non quedou algo saturad@ con tanta continuación e prolongación de sagas? Por suposto... Alguén que non odie a Jar Jar Binks? Eu pasei por todo esto, e non podo evitar sentir certa nostalxia cando atopo xoguetes de Lego de Star Wars.

Ancares primaveira

  Imaxes tomadas durante unha fin de semana de primavera nos Ancares. Facendo Peña Longa, Cuiña, Mustallar, Peña Lago, nunha andaina, e o Tres Bispos en outra. Na primavera os piornos ou buxos están rabiosos de cores, ainda que por desgraza tamén para rascar as pernas. E a calor fixo moi duras as rutas. Pero o esforzo paga a pena, o cordal de Ancares sempre recompensa.