Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Serra Salvada

Imaxes da Serra Salvada, entre Araba e Burgos.  Silueta do Tologorri Non é das formacións montañosas máis famosas da cordillera cantábrica. Eu non a coñecía antes de ir co  clube Peña trevinca.  Pero é moi singular. Paredes do Aro Resulta moi recoñecible polas suas impresionantes paredes norte, que miran cara o pobo de Orduña, en Euskadi. A parte sur, de Burgos, está composta de colinas máis suaves. Baixo os cortados escarpados hai multitude de bosque de faias. Magoa que na época que visitei a zona non estaban no seu esplendor. Nesta zona está o salto de auga ou fervenza máis alto da peninsula, o do Nervión. Ainda que so é posiblel gozar del poucos días ao ano. Realmente, a Serra Salvada é un lugar diferente. Mastin no porto de Orduña Buitres Serra Salvada Bosques baixo Bedarbide Figura do Txarlazo baixo a névoa Bosques e o Iturgorri Goldetxo Iturria Buitres e paredes de pedra Névoa na Salvada Camiño Orduña Sobrevoando Colinas do lado de Burgos Senda Negra Sobre o Ungino Siluetas dende

Eslovenia - Bled e Bohinj

 Quizáis a estampa do lago de Bled, coa torre enriba da illa no medio da auga, sexa a imaxe máis coñecida de Eslovenia, polo que recoñezo que esta entrada non é nada orixinal. Ainda sabendo que non se fai nada novo, resulta imposible resistirse a sacar imaxes deste lago. Porque é de conto. A ventaxa que ten Eslovenia (polo de agora, 2022) é que ainda non ten un turismo tan masificado. polo que visitar un lugar coma este, a pesar de ser tan coñecido, non é un agobio nin un suplicio.  Tampouco é dificil camiñar un pouco pola contorna, e atoparse sen multitudes. E iso que este lago está moi urbanizado (ainda que poida parecer o contrario) Ten tameén carreiros, como o da subida ao mirador mala Osojnica, que permite ver o lago dende o alto E ainda por enriba, a auga está perfecta para bañarse (alomenos cando fun eu, en xullo) Todo un paraiso entre montañas. Non quedan ahi os lagos, outro exemplo de lago de montaña é o Pri Jezeru. pero neste non apetece tanto o baño E o lago de Bohinj Moi pr

Ollos de gata

Xa van unhas cantas entradas que lle adico a Cloe. Supoño que é normal, é o ser que máis fotos miñas sufre, e sen inmutarse. Esta vai adicada aos seus ollos.  As veces miran inquisitivamente, outras, por contra, mostranse esquivos. Moitas veces simplemente se quedan fixos nun punto concreto que seguro investigou centos de veces antes. Pero sempre resultan chamativos Que non é porque sexan extraordinariamente fermosos (a min parecenmo, pero non son obxectivo). É porque son o que máis destaca neste "peluchiño" negro, adorable e rabuda a partes iguais.