Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2021

Outono no Courel

 Ir ao Courel é unha boa idea. Non importa a época do ano. Pero no outono, a idea non só é, boa: É maravillosa. A Devesa de Rogueira e Formigueiros Subir ata o Formigueiros pola sua arista pode facerse algo custa arriba, pero paga a pena, por poder gozar da ampla inmensidade despoboada do seu entorno mentres se ascende. Un día completamente despexado, con luz moi dura, é fatal para sacar fotos. Pero que máis da, si se pode avistar prácticamente todo o Courel. Prados e cores A arista do Formigueiros dende abaixo Derradeiros esforzos Na "cresta" da arista Vistas da subida Fin da arista Cara a Lagoa de Lucenza Luces e sombras na Devesa O Miradoiro Polin Sobrevoar o bosque dende as alturas está moi ben. Pero o que nunca defrauda é introducirse na súa frondosidade, e asombrarse coa tremenda gama de cores que ten. Incluso xa avanzado o outono. Cores da devesa Bosque Frondosidade Carreiros de Rogueira Mantos de follas Courel en outono O balcón do bosque Detalles Vilamor O camiño do

Volta Monte Perdido e Vignemale: Grange Holle - Oulettes de Gaube

Etapa longa e con final explosivo. Atravesar o val D´Ossoue para subir ao pe do Vignemale e descender despois ata Oulettes, a faciana norte. Cara Norte   A primeira parte desta penultima etapa é moi bucólica. Prados, pastos, vacas, percorrendo o val d´Ossoue tendo sempre ao fondo o Vignemale. Pasamos o cruce da cabana de Lourdes, que nos tería levado a Bujaruelo polo porto de Bernatuara no caso de estar pechado por COVID o refuxio de Oulettes. Finalmente tivemos sorte e abriu xusto o día que nos tiñamos que pernoctar nel. Grange Holle Primeira vista do Vignemale A vaca e o Pimené Val D'Ossoue Praderas Detalles Barrage d'Ossoue Volta Compañeiras da marcha Todo ben ata chegar a Barrage d´Ossoue. A partir de ahí subida continua e implacable ata o refuxio de Baysellance. Ao pe do Vignemale e o máis alto do pirineo. Realmente a subida non é para tanto, son unas “zetas” que se levan moi ben. Pero os kilometros acumulados no día e supoño que na semana pasan factura e faise longa. Moi