Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2022

Barranco de Masca

 Dende a pequena aldea de Masca, dentro do parque do Teno, no Oeste da illa de Tenerife, parte un estreito e profundo desfiladero, que remata no mar...   O barranco é espectacular. Resulta sorpendente camiñar polos seus estreito sendero, encaixonado entre altísimas paredes. Antigamente había prantacións, pero quedaron no abandono xa que non compensa o traballo de chegar a zonas de dificil acceso. Ademáis do perigo que pode suponer por golpe de calor ou correntes de auga nas choivas. O Barranco de Masca estivo a piques de morrer de éxito. Tanta xente o visitaba que tiveron que pechalo cando ocorreron accidentes mortais. Agora está aberto outra volta, pero con medidas estrictas de seguridade, control de acceso previa reserva, e multitude de barandillas e elementos que garanten a integridade d@s visitantes, pero que quitan algo de encanto a esta maravilla natural.

Volta ao Val Miñor e o Baixo Miño

Resulta curioso a cantidade de lugares espectaculares que temos na contorna de Vigo. Semella que as veces non somos conscientes delo.   Esta é unha pequena recopilación de imaxes dunha viaxe que comezou saindo da casa en bici, cargando simplemente unha mochila... e dúas cámaras (de fotos) Pequenos entre piñeiros Val Miñor Rural Baiona Cabo Silleiro A costa de Oia Cancelas Orballo Solpor Amencer sobre Mougás Rego Luz na Groba Atlántico dende a serra Cabalos Cabras Paisaxes de Oia Miño Tui Pouco claro Tripes Aloia Miño cuberto Zamáns Alba e Cepudo Carreiros de Matamá