Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

Cantís de Loiba

Poucos lugares hai máis impresionantes en Galicia que os cantís de Loiba e as praias que os rodean. Extensións de area inmensas rodeadas de cortados de pedra negra. Estas fotos son de paseos ao medio día, que é o peor momentos para poñerse coa cámara. E ainda así chaman (a min polo menos) moito a atención. 

Petra. Desfiladero e Tesoro

Todo o que digan de Petra é certo. O que aquí fixo a cultura nabatea é impresionante. Resulta incrible imaxinar como puideron facer estas tumbas xigantes esculpidas na pedra, tendo en conta que teñen que comezarse dende arriba a abaixo. E máis tendo en conta que o chan na súa época estaba un par de pisos por baixo, soterrado pola area que arrastran as augas. Xa só o desfiladero, o Siq, fai que pague a pena a visita. Camiñar entre as sinuosas paredes, que servían para esconder o Tesoro (al Khazneh, o de Indiana Jones), pero tamén para canalizar a auga. Eso si, vendo a pelicula da Última Cruzada, un imaxina que atravesando as columnas vai atopar moreas de pasadizos, incluso algún templario. Nada diso, a fachada remata catro ou cinco metros detrás da columna, só é un adorno de tumba de ricos. Nin sequera a gran cantidade de visitantes enturbia a visita (e iso que cando fun viña de comezar o ataque de Israel a Gaza, e moitas reservas se cancelaran pola proximidade do conflicto).  Nin tampo

Castrelos

 Que sorte ter un espazo verde tan grande en Vigo.  Da igual a época do ano na que se pasee por el.  En inverno están as magnolias, e esas luces ténues nas polas sen follas que a min me encantan.  na primavera a explosión de cores das frores.  no vran é un refuxio térmico, moi necesario nunha cidade concebida en formigón, sen sombras, e que se está convertindo en intransitable cando ven a calor. Compre poñelo en valor e coidalo. eu penso que non só é un escenario no que xuntar milleiros de persoas nos concertos do vran. É parte do patrimonio da vila que debemos deixar como está as vindeiras xeracións.

Pequena Petra

Este desfiladero pode parecer un entrante, ou un primeiro prato, antes de visitar Petra, o sitio arqueolóxico máis famoso. Seguro que ninguén vai a Jordania a ver solo este enclave, pero a min gustoume moito.  Pode ser que sexa porque, ao ir tarde, estaba menos masificado e a luz que iluminaba as paredes do desfiladero daballe un toque diferente. En parte pola orientación da caida da luz, na propia dirección do desfiladero. Aquí a civilización Nabatea recibía as caravanas e visitantes que entraban de paso, era como o sitio funcional onde atendían as caravanas que estaban de paso, mentres o esplendor de Petra quedaba só para uso da poboación local. En resumo, que xa que se vai a Petra. Ten todo o sentido do mundo non perderse a Pequena Petra. Bueno, e se vas nun tour organizado, como que non queda outra. Máis fotos de Jordania  aquí

Os monstros

Son monstros? Son enaxenados? ou son a punta do iceberg, os individuos que, polo que sexa, se volveron agresivos, dentro de unha sociedade que asigna roles, uns con caracter de dominación, e outros de carácter de sumisión e servizo ao dominante? Sexa o que sexa, imaxino que as dúas teorías poden ser admisibles, non custa nada convivir en igualdade. Sen presuponer papeles asignados ao xénero. Porque elimina o rol dominante, o rol de posesión. De feito sorprende o que se avanzou nos últimos anos neste sentido. Por eso sinto pena cando vexo voces involucionistas que claman contra os progresos, e poñen en dúbida os consensos que se acadaron na convivencia.  O primeiro paso para combatir unha violencia é identificala. Non se pode erradicar a violencia racista se non se recoñece o racismo. Do mesmo xeito, non se pode combatir a violencia machista si se nega o machismo, si se dilue entre todo tipo de violencia. Quizáis cada un de nós teña unha persona maravillosa dentro, pero tamén un monstro

O cocho e Mourisca

 O cocho e a Mourisca son as praias que están separadas polas instalacións do museo do mar, no antigo matadoiro de Vigo. Non é a primeira vez que vou por elas de paseo, nin seguro que será a derradeira.