Isto é un blog de fotos, e non acostumo a escribir moito. Pero despois da visita ao campo de concentración de Sachsenhausen estiven a darlle voltas a cabeza sobre o que vin, e decidinme a compartir en "ollarpolafiestra" o que coñecín alí. Non é moi orixinal, pero sentino así. Estas non son grandes fotos, nin fermosas, nin nada técnicas. So tentan transmitir a desazón que se sinte ao ir descubrindo as cousas que sucederon nese lugar. Sachsenhausen foi un dos primeiros campos de concentración en construirse. Pola súa cercanía a Berlín, rematou sendo a sede das xefaturas administrativas do entramado de campos nazis. Antes da guerra, os prisioneros eran principalmente opositores ao réxime e xudeus. Durante a guerra, chegaron moitos polacos e soldados rusos. Se calcula que pasaron 140.000 persoas polo campo. En principio foi de concentración, non de exterminio, pero alí morreron ou foron executados mediante horca, gas, ou fusilamento uns 30.000 presos (...