Saltar ao contido principal

Saiáns



A derradeira praia de Vigo. Muiños de Fortiñón. Famosa pola forza das súas ondas. Colonizada polo feismo. Inda así, dándolle as costas as casas, a paisaxe é espectacular. As súas rochas esconden moreas de postáis grazas a cantidade de pedras, algas, charquiños, a insistencia do mar e As Cíes presidindo o fondo.
As fotos están feitas en Decembro. Neste mes o solpor visto en Saiáns escápase por Monteferro. Haberá que voltar no vran, cando o Sol despidese no medio e medio das illas Cíes


Playa de Saians. Vigo. Muiños de Fortiñón
O abrazo das ondas

Charcos en las calas de la playa de Saiáns, o Muiños de Fortiñón. Vigo
Lagoas agochadas de Saiáns

playa de Saiáns, o Muiños de Fortiñón. Vigo
Horizonte

Dous por dous catro

A saida

Tres do solpor

Playa de Saiáns. Muiños de Fontiñón. Vigo. Illas Cíes
Cíes

 

PS: Grazas a dous (2 polo momento) bos colegas, que prestáronse a facerme de figurantes :-)

Publicacións populares deste blog

VigoHistórico

Durante os anos 2019, 2020 e 2021, estiven colaborando activamente coa asociación Vigo Historico.  Este colectivo tiña o noble  (pero complicado) fin de tentar evitar a construcción dun tunel baixo a porta do Sol, en pleno casco vello de Vigo. Fago nesta entrada unha pequena recopilación de fotos e debuxos que serviron para poner en valor os espazos que se ian estropear. Os debuxos son bastante simples, moit@s nen@s pintan mellor ca min.  Pero lembroos con cariño Tampouco me vou parar a explicar o absurdo do túnel, porque xa está explicado na páxina desta asociación. Ademáis, o tempo se encargou de demostrar que non é necesario para convertir an zona  en peonil. O túnel foi adiante. Non se logrou o obxectivo. Porén, na miña opinión, a  gran victoria de VigoHistórico foi concienciar a cidadanía sobre o patrimonio vigués, e poner en valor o paseo de Alfonso. De xeito que a corporación non lle quedou outra que modificar o trazado do túnel e levalo ata Torreced...

Illa de Mallorca

Entre os ariscos cabos do norte e a apacible costa do sur, Mallorca ten unha gran variedade de paisaxes Augas turquesas, calas pequenas como a des Moro, areais grandes como Es Trenc, Campos, muiños, pobos autóctonos que ainda resisten inexpugnables ao especulador invasor, cantís como os de Formentor, as montañas da Tramuntana, o barrio histórico de Palma...  Caló des Moro Cabra salvaxe mallorquina Far des Cap de ses Salines Cap de Ses Salines Llombards Cala Mondragó Treboada sobre Pollença Embarcadoiro de Cala S'Almunia Almendros Es Trenc Estas fotos son de Marzo, coincidindo ademáis con temporal e tormentas. Augas revoltas e praias cubertas de picas de piñeiro. Non reluce tanto como no vran. pero é moito máis tranquilo. Probablemente semelle máis á Mallorca verdadeira.

Amanece en Rodas

Unha das cousas que máis me gusta de ir acampar a Cíes é poder pasear pola praia de Rodas ao amencer, mentres o sol levanta detrás de terra firme.   Sempre me merece a pena o madrugón para poder velo. Ainda que haxa veces que despóis do paso volto a durmir. A derradeira vez que o fixen, ademáis, non había ninguen na praia.  E solo un barco fondeado. Tamén é certo que o día anterior houbera temporal.  Imaxino que eso lle quita á xente as ganas de ir a Cíes. Sendo así, queda a sensación de que pagou a pena sufrir a choiva e o vento o día anterior. Ter o premio de un amencer en Rodas en soidade.

Refuxio de Estagnous

Pernoctei neste refuxio durante a travesía de montaña Passaran.  É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.  Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.  Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran. Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor. De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo. Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.  Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.  Comparable ao de Collado Jermoso, ou Niu d´ a. Aliga Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial. Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-) Máis entradas do Passaran  Aquí

Ortigueira e arredores

Antes,  Ortigueira era coñecida polo seu festival. Agora,  coñecese polo seu festival, e por un banco. Porén,  Ortigueira e arredores sempre tiveron moito máis. Loiba Fuciño do Porco Luz do Norte Estaca de Bares Septentrional Herbeira Garita 613 metros sobre o nivel do mar Estrada DP-2205   Fotos tomadas en O Vicedo, Mañón, Ortigueira e Cariño.