Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

O solpor dende o Galiñeiro

O Galiñeiro é un lugar polo que sinto unha especial atracción.   Gústame moito facer a ruta que sae do parque forestal, sube polo refuxio e chega ata o pequeno "collado" entre cumios, seguindo o PRG1 No collado, visita imprescindible ao cume norte, que seica é a de menor altura das tres, pero da unhas vistas moi fermosas do interior da ría e o encoro de Zamáns. Tras voltar os pasos, comeza o divertido, crestear toda a pequena serra, subindo e baixando polas pedras. Gústame como adestramento para rutas de montaña, fora de sendeiro. Pero sobre todo gustame porque, as horas que adoito ir, a luz e as vistas son moi fermosas. O cumio principal, o do vórtice xeodésico, non me parece o máis fermoso de todos, pero deixa ver toda a serra, tanto cara o norte como cara o sur. Se hai sorte e non pega moito o vento, é unha ruta moi divertida e incluso agradable Continuar o cresteo leva a baixada que chega a pista que sube ao terceiro cume, o lombo do raposo máis desta vez non subin. maila

Dunas de Maspalomas

  A parte sur da illa de Las Palmas de Gran canaria é moi turística para o meu gusto. Non é o típico sitio que a min me chame a atención. Porén, ten unha das zonas máis fermosas das illas canarias, as dunas de Maspalomas. Realmente, non está permitido camiñar polas dunas.  De primeiras, non o parece, porque nada máis chegar, vese moita xente que o fai.  De feito, eu entereime de que non se pode cando marchaba, había un letreiro no pequeno muro que separa as dunas dun complexo hoteleiro. Pero no paso polo que entrei, non vin cartel.  Ainda así, ainda tendoo visto, non sei se me podería resistir a camiñar por elas, porque as personiñas somos unhas pequenas formigas en enormes masas de area, e porque nas zonas preto do hotel había moitísima xente sacándose fotos (rematas por pensar"por dúas persoas máis...") Imaxino que nun futuro acabarán poñendo vallas para que non deterioremos nin influamos nos movementos de area, nin perturbemos un ecosistema que non deixa de ser moi fráxil.