Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2019

Dobrogea. Delta do Danubio

Onde remata o gran río de Europa, e comeza o Mar Negro. Delta do Danubio O vó da garza Praia sen final Lagoa Turceasca Delta en bici Cisnes do Danubio Porto de Sfantu George Canales A area dos confíns de Europa As rúas de Sfantu George Mar Negro en Constanza Constanza Máis entradas de Romanía aquí O Danubio en Rumanía fai fronteira con Serbia primeiro, e con Bulgaria despois. Cando xira ao Norte separa Valaquia de Dobrogea. E nesta última rexion rumana, a desmbocadura do rio ocupa unha area extensisima nun delta enorme.  O Delta do Danubio forma un laberinto de canales e lagoas, entre xuncos, marismas, bosques inundados e cañaverais. É unha das maiores reservas de paxaros de Europa. Por iso mesmo está catalogado como Reserva da biosfera pola unesco, ainda que pon mais empeño en conservala Rumanía que Ucrania. Tamén contén longuisimos areais virxes no limite con Mar Negro. As poucas poboaci

O derradeiro paseo da Fada

De cando a fada do Paseo Alfonso decidiu visitar por derradeira vez Elduayen, antes de que un túnel cambiase Vigo. Seica fai un par de días, ao amencer , antes de que a cidade espertase,  a fada que sobrevoa o paseo de Alfonso ao lombo do seu Dragón decidiu deixar a montura da besta, e baixar ao chan. Necesitaba dar un derradeiro paseo polos seus dominios. Quería velos unha última vez tal e como os coñecía. Dirixiu os seus pasos a través de Elduayen, unha das rúas máis fermosas de Vigo, pero ao mesmo tempo das menos valoradas. Camiñaba con melancolía. A inminente construcción dun túnel vai mutilar a vía con longas e estruendosas ramplas, onde estarán entrando e saindo buses, motos e coches, cos seus fumes e cos seus ruidos amplificados polo efecto de reverberación dos vomitorios.   Melancolía en Elduayen Ela sempre soñou voar enriba de nenos e nenas xogando; voar escoitando a xente  nas terrazas  compartindo tanto ledicias como problemas; voar sobre rebumbio sauda

Valaquia

Depresión Colectiva Voar Campos de Xirasol Campos de Millo O gran Danubio Fin da primavera Recados Campos de Valaquia Valaquia é unha extensa chaira. De cando en vez aparece algún montículo, ou algun conxunto de silos de millo (moitos abandoados), pero normalmente a vista remata sen atopar nada na lonxanía.  É unha Castela sen castelos. Está cuberta por completo polas plantacións de monocultivo de Xirasol e millo colectivizadas pola dictadura de Ceaucescu, para alimentar a poboación e os animais. De cando había pleno empleo pero con represión.  Ainda que o réxime finalmente acabou exportando a colleita para pagar a débeda externa, abocando ao pobo a cartillas de racionamento. Agora, trala privatización xeralizada, alternanse minifundios con grandes explotacións privadas.  Valaquia é unha extensa Chaira de campos de cultivo, unha Castela sen castelos. Un viaxe ao pasado Unha boa forma de facerse unha idea da inmens