Este desfiladero pode parecer un entrante, ou un primeiro prato, antes de visitar Petra, o sitio arqueolóxico máis famoso. Seguro que ninguén vai a Jordania a ver solo este enclave, pero a min gustoume moito. Pode ser que sexa porque, ao ir tarde, estaba menos masificado e a luz que iluminaba as paredes do desfiladero daballe un toque diferente. En parte pola orientación da caida da luz, na propia dirección do desfiladero. Aquí a civilización Nabatea recibía as caravanas e visitantes que entraban de paso, era como o sitio funcional onde atendían as caravanas que estaban de paso, mentres o esplendor de Petra quedaba só para uso da poboación local. En resumo, que xa que se vai a Petra. Ten todo o sentido do mundo non perderse a Pequena Petra. Bueno, e se vas nun tour organizado, como que non queda outra. Máis fotos de Jordania aquí
"A fotografía é un xeito de expresar a visión do mundo de cada un... Esta é a miña".