Este desfiladero pode parecer un entrante, ou un primeiro prato, antes de visitar Petra, o sitio arqueolóxico máis famoso.
Seguro que ninguén vai a Jordania a ver solo este enclave, pero a min gustoume moito.
Pode ser que sexa porque, ao ir tarde, estaba menos masificado e a luz que iluminaba as paredes do desfiladero daballe un toque diferente.
En parte pola orientación da caida da luz, na propia dirección do desfiladero.
Aquí a civilización Nabatea recibía as caravanas e visitantes que entraban de paso, era como o sitio funcional onde atendían as caravanas que estaban de paso, mentres o esplendor de Petra quedaba só para uso da poboación local.