Saltar ao contido principal

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner


Cumio do Bisaurín

Castillo de Acher e Secús

Cores de montaña


Vernera

Sarrios. Ibon Biello

Ibon de Estaner

Senda de Camille
Volta a Francia

A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau.

Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Vernera e o Val dos Sarrios, rodeado de alguns ibones e varios neveros. Despóis, descendese ata o espectacular Ibon de Estaner. Aquí xa entramos en terreno “civilizado”, porque o acceso debe ser doado, co que o número de personas que atopamos aumenta considerablemente. Para poner fin a esta fantástica ruta so queda atravesar outra vez os bosques de faias franceses para chegar de novo a Somport.


Máis fotos da Senda de Camille aquí

Publicacións populares deste blog

Peña Ubiña

  Subida clásica a este emblemático pico.   Dende Torrebarrio, preto de San Emiliano.  Nos poucos máis de dez quilometros subense e baixan máis de mil metros de desnivel.  Pero paga a pena, porque a paisaxe é ben fermosa.  Tanto da parte leonesa coma no collado Ronzón, onde se xunta coas rutas que veñen de Tuiza, en Asturias. Como era sábado de ponte, era un pouco berbena de xente.  O que me pon algo nervioso sobre todo cando hai zonas de pouco paso que poden estar expostas.  Por sorte na Peña Ubiña solo hai un par de sitios nos que ocorre esto.  Eso si, o de estar en intimidade no cumio, imposible.  Ao ser unha montaña bastante illada, as vistas son impresionantes en todas direccións.  E o cresteo é moi chulo tamén.  Por sorte as nubes que apareceron non chegaron a descargar e tivemos a baixada en paz.

A Devesa de Rogueira

Teixos, bidueiros, carballos, castiñeiros, piñeiros, acivros... A Devesa de Rogueira, en Folgoso do Courel, é un dos patrimonios naturais máis importantes que temos en Galicia. É un bosque único. A devesa de Rogueira As porteiras da Devesa Ata onde chega a nevoa Subindo pola Rogueira Bosque Verde T enebras da devesa Bosque branco Frozen Bidueiro Branco Pico Formigueiros sobre a devesa Bosque de fadas Moreda Bágoas do teixo Dentro da Devesa, avanzando superando o elevado desnivel, rodeado das súas árbores, un ten a sensación de estar nun conto de fadas, meigas, magos, ou trasnos. Absorbido polas árbores. Verdes saindo da aula da naureza de Moreda, e brancas asi que se sobrepasan os mil metros. Impresiona ver a nevoa (máis ben as nubes) colarse entre as follas das arbores.  As fotos son de Maio, pero luce moito máis en outono, co seu festival de cores, ou máis dentro do vran, cando o castiñe...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Justine

 Antes, as borrascas chamábanse todas "temporal" Agora, como teñen nome, tomamos conciencia da cantidade delas que entran no continente pola nosa costa. Algunhas delas nin nos enteramos de que pasan. E da maioría esquecémonos despois de que se vaian cara o interior. Justine foi unha destas últimas. Non foi a que trouxo máis refachos de vento este ano. Nin a que descargou máis auga. Nin a que provocou especiales estragos. O único que tivo de especial foi que coincidín con ela cando chegou. Na súa entrada en Vigo, atopámonos ante o mar. Ela cos seus ventos e eu coa cámara. Coincidimos ata que empezou a descargar en serio. Nese momento deixeina sola.

O Marisquiño

  A verdade é que non sigo demasiado este festival.  Normalmente acostumo a estar fora e poucos anos me coincide poder velo.  Cando era no casco vello e no centro de Vigo resultabame algo agobiante.  Agora que moitas probas / eventos están trasladados en Samil, se me coincide sen estar fora intento ir.  É complicado sacarlle fotos a estas máquinas en acción en plena competición, hai que ter sorte co sitio. Soe ser mellor durante as probas que durante a propia competición.