Saltar ao contido principal

Senda Camille: Lescun, Petrachema e Anzotiello

 


Paso do Petrachema

Lescun

Queres queixo?

Aiguille D'Ansabere dende Petrachema

Foyas de L´ingeniero

Chegando a Linza

Cara o Anzotiello
Contraluz


Midi D´Ossau dominando o horizonte



Cara Oza


Na terceira etapa da Senda de Camille vólvese a Aragón, polo paso do Petrachema. Xusto a carón da famosa “Mesa de los tres Reyes”, onde confluen os antigos reinos de Aragón, Navarra e Francia. A subida ata o collado é continua, entre bosques e prados, onde non faltan cabanas de pastores nas que mercar queixo de ovella. O Petrachema xa é un paso de montaña, de rocha e sen herba. Igual que a baixada ata Linza, polas “Foyas del Ingeniero”, de curioso nome.

Na seguinte xornada o porto a superar é o Anzotiello. Rochoso tamén pero menos dificultoso. Entramos no val que leva ata a selva de Oza. Ao fondo, como en case todos os collados, o Midi D´Ossau dominando o horizonte.

 

Máis fotos da Senda de Camille aquí