Saltar ao contido principal

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios


É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte.



Monte Branco

Praia do Trece

Area

A costa dos naufraxios

Silueta de Faro Cabo Vilán

Costa da Morte

Eólico

O Faro

Figura impoñente


Cabo Vilán

O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas.

De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos.

Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de Fisterra. Polo seu emprazamento escarpado e por ser testigo de tanto naufraxio.

Mais info na páxina do Camiño dos Faros:

http://www.caminodosfaros.com/etapa-5-arou-camarinas/


Máis entradas neste Blog sobre o Camiño dos Faros:


Publicacións populares deste blog

Redes: Arrudos

O desfiladero de los Arrudos é unha das rutas máis carácteristicas do Parque Natural de Redes.  É longa e moi completa. paga moito a pena. O inicio (a saida dende Caleao) é sinxelamente espectacular. Vaise remontando o río, entre enormes parades de pedra e bosque, ata chegar as zonas altas do parque, xa moi preto de León. Unha vez arriba, bordeamos o Cascayón e temos unha panorámica preciosa de todas as montañas de Redes, Tiatordos, Canto de l'osu, peña del vientu (límite con León) e ao fondo de todo o macizon occidental de picos de europa, ou tamén chamado de Cornión, no que destaca Peña Santa (que eu saiba diferenciar dende lonxe) as formas sinuosas das crestas de redes son ben curiosas. A pega era que o día non acompañaba e facía un vento que case nos levaba voando. No canto de voltar directamente a pista que leva a infiesta, pódese pasar polo lago Ubales. É certo que a pista faise un pouco longa (máis ainda con vento e choiva que golpea na cara) pero as vistas outoñais de Astur...

La Fajana (outra volta)

 A verdade é que tanto me gustou esta lugar de La Palma, que non me chegou co primeiro post . Así que por non ser capaz de seleccionar, tiven que facer outro. Máis entradas sobre La Palma  aquí

Jaume Plensa

  Exposición do artista en Madrid, entre 2024 e parte do 2025.  Materia interior. Ainda que se saiba de arte ou non (como é o meu caso), penso que estas obras transmiten.  Gustoume moito o estilo, e a iluminación, que realzaba parte das figuras, e outras mantiñanas na penumbra.  Nunca fixera unha entrada dunha exposición, pero esta a verdade que me chamou a atención.  Probablemente as fotos non representen nin estean a altura da obra de Plensa, pero gustanme como quedaron. Todas as fotos desta entrada foron feitas coa Ricoh GRIIIx

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Refuxio de Estagnous

Pernoctei neste refuxio durante a travesía de montaña Passaran.  É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.  Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.  Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran. Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor. De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo. Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.  Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.  Comparable ao de Collado Jermoso, ou Niu d´ a. Aliga Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial. Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-) Máis entradas do Passaran  Aquí