Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Decembro, 2022

Helios 40-2 e Outono

 O Zenit Helios 40-2, 85mm é un obxectivo clásico soviético. A primeira vista semella un bo pisapapeis. Este mazacote de metal, pesa bastánte máis que o corpo da cámara. Tanto é así, que ten unha rosca propia de trípode. Todo un tanque ruso. . . É bastante complicado de manexar, require tempo. O seu peso, que sexa completamente manual, un limitador de apertura que non entendo moi ben para que está, fan que non sexa doado habituarse a el. Ademáis, este capricho clásico vale para poucos tipos de foto (básicamente retratos). E, por se fora pouco, non é especialmente nítido. . . Todo desvantaxes, non? Que ten de bo este obxectivo? Os resultados son super curiosos.  . Se por algo é coñecido (e recoñecido) é polo seu desenfoque. O "swirly bokeh", que ven sendo unha especie de tunel - remolino moi caracteristico, que aparece según a situación. Un obxectivo diferente dificil de domesticar, do que queda moito que aprender, e experimentar. Xa que os resultados case nunca son os agardad

3000 Ibones. Wallon - Oulettes de Gaube

 Marcadau, Pont d'Espagne, Lac de Gaube e a fermosa subida ata a base do Vignemale. A etapa é sinxela, pero por contra é das máis fermosas. Bosques preto de Wallon, pasa polos moi visitados Pont d'Espagne e Lac de Gaube, e remata baixo a espectacular cara norte do Vignemale. Bosque de Marcadau Fervenzas Clot Pont d'Espagne Baixo a ponte Lac de Gaube Alparece o Vignemale. Vivac baixo as estrelas Cumes do Vignemale Via láctea baixo as cumes Subida ao Vignemale Enriba e baixo a nevoa Planetario de Oulettes Máis fotos dos 3000 ibones  aquí