Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2022

Anillo de Picos II. Collado Jermoso - Hotel Áliva

Macizo central:  Picos  de Europa en estado puro. Mar de Caliza, abruptas paredes, vistas espectaculares. Na saida do Refuxio transitase en lixeira subida, por unha serie de collados, chamados “colladinas”, que dan a volta a cadena do Llambrión e Torre Palanca. Ascendese ata o tiro Casares. Realmente os “tiros” con collados. Pero chámanse así porque eran lugares onde se podían apostar os cazadores que eran altos e ao mesmo tempo discretos. Collado Jermoso colgado da parede Entre tiro casares e Cabaña verónica o terreno é lunar. Non hai sendero e as lapiaz da rocha caliza fan moi lento o avance. Hai que ir con tino, un tropezón neste terreno e as lesiones poden ser serias, xa que a caliza é moi áspera e nesta zona fai grietas afiladas e profundas. Un lugar espectacular e hostil. Terreo luar Tras un lento avance por un camiño inexistente, chégase á curiosa cabaña Verónica, unha cúpula de destructor colocada no medio do meollo dos  Picos  de Europa. Ten dimensións minúsculas para ser un r

Galiñeiro

A súa silueta sempre está ahi, visible dende case todos os lugares da ría. O ascenso ata os seus diversos cumios, e crestear entre eles sempre é unha excursión fermosa. Sufriu moito recentemente, coa devastadora vaga de lumes do 2017. E sofre ameazas cíclicas, cos diversos proxectos dos parques eólicos. Ogallá sexamos capaces de deixalo en paz, que se rexenere, xa que forma parte do noso patrimonio natural. Cumes Norte Vórtice Xeodésico do Galiñeiro Vistas da Grova Serra do Galiñeiro dende o cume Vista dende o Lombo do Raposo Vincios, Montecastelo e o Val Miñor Montes de Coruxo e as Illas Cíes Capas de montes O cumio Norte Montecastelo e Monteferro Cresteando entre cumios Montecastelo e Cabo Silleiro Fotos feitas dende os diversos cumes da serra do Galiñeiro. Os cumios norte e o Lombo do Raposo.

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo ser