Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2023

Eslovenia. Ljubliana

 Ljubliana non era das cousas que máis me atraia cando fun a Eslovenia. Eu iba pensando máis nas praderas, nas montañas e nos ríos. Pero unha vez visitada, encantoume. Tamaño moi asequible, moi camiñable, moi poucos coches e sobre todo percibín unha mentalidade sostible coa que me sentín moi identificado. Máis fotos de Eslovenia  Aquí

Ibiza

Esta illa merece toda a fama que ten. Pero non merece toda a presión que recibe. Punta de Sa Caleta Estas fotos foron feitas en outubro. Unha época fantástica para poder estar nos lugares máis fermosos de xeito tranquilo. Ainda que moitos servizos e restaurantes xa pecharon a tempada. Es Bol Nou No vran, en agosto, é todo moito máis complicado. A masificación  e os turistas quitan moito encanto.  Dalt Vila dende o barco Mellor dito "quitamos", porque ainda que nos creamos viaxeiros, e tentemos visitar os lugares sen deixar pegada ou non alteralos, o certo é que somos turistas. Embarcadoiro de Sa Caleta Sempre é dificil o equilibrio entre turismo e explotación sostible dos recursos. Deixando estes baralles a un lado, Ibiza é unha illa fantástica. E moi fotoxénica. Fortaleza D'Eivissa Augas de Cala Bassa Cova punta Xarracó Cala Xarraca Solpor Es Vedrá El rincón del marino de Es Bol Nou Coidado Cantís de Sa Caleta Cruce Mencer en Eivissa Bunker Sa Caleta

Rodaxe "Un hombre de Acción"

 De uns anos para eiquí, estanse a facer rodaxes de época no centro de Vigo. Seica o concello afirma ter a intención de convertir a cidade"nun plató de cine". Non sei si se chegará a tanto, pero mentres haxa algúha gravación coma a da serie "Un hombre de Acción", ambientado teóricamente no Paris dos anos 50, hai que aproveitar para ver as rúas aparcadas con coches da época. Resulta curioso que o que queda de modernismo e Casco Vello sirva para retratar a capital francesa.

Eslovenia. Velika Planina e Skofja Loka

Velika planina é unha meseta situada nos alpes Julianos de Eslovenia, preto de Austria.  Está chea de pastos, vacas e nela se sitúa unha poboación de pastores, formada por casetas ou cabañas. Sofja Loka é unha pequena poboación próxima. Tranquila, fermosa e con moito encanto Máis fotos de Eslovenia Aquí

Magnolios de Castrelos en 2023

 En Castrelos hai dous ou tres pasillos de magnolias que cando estes florecen convirtense nunha explosión de cores. O ano pasado xa dera un paseo, cámara en man, admirando estas fermosas arbores. Este ano non había tanto manto de follas, sexa por tanta choiva seguida, sexa por tanto sol seguido, ou que simplemente non houbo sorte.  Sempre se saca algo de partido ao parque de Castrelos. E máis coa Leica, co Helios 40 e sobre todo con boa compaña :-) Volverei o febreiro que ven.