Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

As Cíes e a Unesco

Ignorando o que se fala delas en terra, nas illas a vida continúa tranquila, natural, impasible ao devenir do tempo. No arquipélago o reloxo detense, porque alí nada ten máis importancia que o feito de estar nas Cíes O noso patrimonio Area mar e ceo Balcón do Príncipe Retiro Noite en Rodas Calma San Martiño Senlleira en Rodas Onde se detén o tempo As illas Cies deberían ser patrimonio da Humanidade. Pero para conservalas, non para explotalas. E en todo caso, nunca deberían ser ferramenta de confrotación entre diferentes administracións con diferentes siglas políticas.  É triste ver como a clase dirixente local non se pon de acordo nin sequera no que nos une: A necesidade de protexer o maior patrimonio natural que temos no sur de Galicia.

Illa de Mallorca

Entre os ariscos cabos do norte e a apacible costa do sur, Mallorca ten unha gran variedade de paisaxes Augas turquesas, calas pequenas como a des Moro, areais grandes como Es Trenc, Campos, muiños, pobos autóctonos que ainda resisten inexpugnables ao especulador invasor, cantís como os de Formentor, as montañas da Tramuntana, o barrio histórico de Palma...  Caló des Moro Cabra salvaxe mallorquina Far des Cap de ses Salines Cap de Ses Salines Llombards Cala Mondragó Treboada sobre Pollença Embarcadoiro de Cala S'Almunia Almendros Es Trenc Estas fotos son de Marzo, coincidindo ademáis con temporal e tormentas. Augas revoltas e praias cubertas de picas de piñeiro. Non reluce tanto como no vran. pero é moito máis tranquilo. Probablemente semelle máis á Mallorca verdadeira.

Coronavirus. Etapas do confinamento

Durante este tempo de confinamento pasamos por diversas etapas. Cloe tamén.  1- Sorpresa e incredulidade 2- Pánico e histeria 3- Aprovisionamento compulsivo 4- Busca implacable de culpables 5- Policía de balcón 6- Crerse o enésimo bulo 7- Sensación de que non pasa o tempo 8 - Adaptación á situación 9- Escoitar "Resistiré" por centocincuenteava vez 10- Aburrimento 11- Incertidume 12- Temor ante o futuro E namentres... #Euquedonacasa Actualización post-confinamento Síndrome da cabana

Cap del Pinar

O Cap del Pinar conforma a Bahia de Alcudia xunto o Cap Farrutx e a de Pollença co Cap Formentor. Dende os seus diferentes peñons podense apreciar ambas bahias, ademáis da Serra da Tramuntana e as praias e poboacións da costa norte Mallorquina. Penya des Migdia Formentor dende Migdia Pequena Cabra Coll Baix Talaia D´Alcudia Puig Major e Massanella dende Talaia D´Alcudia Cap Farrutx Chivo Balear Fotos tomadas durante a andaina polas peñas do Cap del Pinar  e no intento de Baixada a Call Baix (non puidemos chegar porque hai que acceder pola costa, e o mar nese día de Marzo estaba con moita oleaxe).  Non se pode  achegar á punta do cabo nin ao faro porque ainda é zona militar restrinxida.

Cap Formentor

O Cabo Formentor é a extremidade norleste da illa de Mallorca. En realidade é unha prolongación da Serra da Tramuntana que se alonga sobre o mar. O resultado: unhas paisaxes impresionantes. Faro do Cap Formentor Formentor dende El Fumat Cala Murta Camí Vell del Far  Formentor Cap del Pinar e Cap Farrutx dende El Fumat de Formentor Castellet de Cala Murta Cala Figuera Cala Figuera Estrada do Far Formentor - Camí Vell Solpor dende Talaia d´Albercutx El Pal dende Albercutx Formentor dende o aire Imaxes tomadas na ruta en coche ata o Far de Formentor, e no roteiro do ascenso a El Fumat polo Camí Vell del Far na subida e baixada ao Coll de Bretxa, pasando por Cala Murta e prolongando a ruta á Cala Figuera. O Camí Vell del Far foi construido para dar acceso ao cabo  Formentor. Son  17 km dende cala Murta ata o faro. Singular polas interminables curvas en Z que vencen os desniveles do terreno. Os seus mu