Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2022

3000 Ibones. Migouelou - Larribet

. A terceira etapa dos 3000 ibones é cortiña, pero moi fermosa.  Descenso dende Migouelou ata o Plá de Asté (onde se volve a ter cobertura e contacto co mundo exterior) e despois enfilar o longuisimo val que remata no Port Peyre de Saint Martin, a fronteira con Aragón. Moito antes de chegar alí, no lac de Suyen, abandonase o val para subir ata Larribet. Primeiras luces Amencer en Migouelou Baixada ata Asté Rio no fin do val Lac de Suyen Descanso Ruissou de Larribet Baixo o Balaitus Chega a Treboada Máis fotos dos 3000 ibones aquí

3000 Ibones. Respomuso - Migouelou

A modalidade da travesía dos 3000 ibones que fixemos foi a chamada "quebranta". Difiere da integral nesta segunda etapa. Partindo de Respomuso deben superarse os pasos d'Arremoulit e Artoise ata chegar ao refuxio de Migouelou. Gran Facha sobre o encoro de Respomuso Pirineos Occidentales Ibon de Arriel Baixo Ibon Arriel Alto Ibon espello Balaitous dende Arremoulit Lac d'Artouse Lac de Carnau Cara o collado d'Artoise Lac de Migouelou Máis fotos dos 3000 ibones  aquí

3000 ibones. Panticosa - Respomuso

Ibon de Tebarray   Primeira etapa da 3000 Ibones. Magoa que fora un día extremadamente caluroso, tanto polas condicións para camiñar como porque non había nin unha sola nube que enchera de contido o ceo nas fotos. Gran Facha e Tebarray dende Respomuso Ultimas luces no Gran Facha Collado Mido d'Ossau dende pico Tebarray Cara o collado de Tebarray Ibon Azul superior Pressa de Bachimaña A etapa parte de baños de Panticosa e ascende ata o refuxio de Bachimaña, principalmente seguindo o curso do rio. A partir de ahi, gaña altura pouco a pouco, bordeando o pico dos infiernos e pasando por varios ibones: o de Bachimaña, os ibones azules, e o espectacular ibon de Terrabay. No collado de Tebarray escollemos subir o pico do mesmo nome, e o que queda ata Respomuso é outras sucesións de ibones (llena antal, Ratas e Respomuso), pero esta vez en baixada. O refuxio de Respomuso está moi preto do encoro. E ao caer o sol ten unhas vistas fascinantes dos picos da contorna, destacando o Gran Facha. M