Saltar ao contido principal

3000 ibones. Panticosa - Respomuso

Ibon de Tebarray
 

Primeira etapa da 3000 Ibones. Magoa que fora un día extremadamente caluroso, tanto polas condicións para camiñar como porque non había nin unha sola nube que enchera de contido o ceo nas fotos.


Gran Facha e Tebarray dende Respomuso


Ultimas luces no Gran Facha


Collado

Mido d'Ossau dende pico Tebarray

Cara o collado de Tebarray

Ibon Azul superior

Pressa de Bachimaña

A etapa parte de baños de Panticosa e ascende ata o refuxio de Bachimaña, principalmente seguindo o curso do rio. A partir de ahi, gaña altura pouco a pouco, bordeando o pico dos infiernos e pasando por varios ibones: o de Bachimaña, os ibones azules, e o espectacular ibon de Terrabay.

No collado de Tebarray escollemos subir o pico do mesmo nome, e o que queda ata Respomuso é outras sucesións de ibones (llena antal, Ratas e Respomuso), pero esta vez en baixada.

O refuxio de Respomuso está moi preto do encoro. E ao caer o sol ten unhas vistas fascinantes dos picos da contorna, destacando o Gran Facha.

Máis fotos dos 3000 ibones aquí