Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...)
Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo.
Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente.
Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade.
Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun espectador/a que estea na imaxe. E se non vexo a ninguén, e tampouco vou acompañado, pois poñome eu.
E un dos momentos en que o bosque está máis chulo é xusto despois de chover, cando está cargado de auga. O malo é que tamén me mollo máis, pero paga a pena.
Fixen un dos meus paseos favoritos por este monte, subir polo rego dos muiños de Gontade, pasando polos bosques de castiñeiros e carballos, continuar subindo pola trialera dos traileros e pasar polos miradoiros do Mauxo grande, Cabezo de Saiáns o Bandeira, e o da Raposa.
Fixen parada tamén na fonte da Rá, que estaba chea de mosquitos e lama. Mellor era baixar polo camiño de Santiago pero fixoseme tarde e acortei pola eucaliptada.
Gostei moito do paseo con calma, puidendo apreciar este verde rabioso de choivas de verán, co sol colandose entre as copas, e co mar sempre presente, tendo posibiliade de ver as Cíes dende diferentes outeiros.
Ademáis, tiven a sorte de ver os chuvascos dende o alto, mentres eu estaba seco.
... E finalmente, o bo de acercarme ao monte en bici (ademáis de non contaminar, sentirte mellor e tal e cual) é que a volta podes parar en calqueira sitio que chame a atención. Desta volta parei nos guindastres de Barreras, estaban super chulos coas nubes e os charcos da auga que remataba de caer.
Todas as fotos desta entrada foron feitas coa Ricoh GR3x. Agás a vista de gran angular que a Fixen co Xiaomi 14Tpro
























