Saltar ao contido principal

Carros de Foc


Fai click nas imaxes para abrir a entradas


https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/07/carros-de-foc-dia-1.html
Día 1
 San Maurici - Saboredo

https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/08/carros-de-foc-dia-2.html
Día 2
 Saboredo - Restanca


https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/08/carros-de-foc-dia-3.html
Día 3
 Restanca - Ventosa i Calvell. 
Tumeneia.


https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/08/carros-de-foc-dia-4.html
Día 4
Ventosa i Calvell - Estany Llong. Contraix


https://ollarpolafiestra.blogspot.com/2016/08/carros-de-foc-fin.html
Días 5 e 6
Estany Llong - Colomina - Mallafré

Carros de Foc é unha ruta de montaña que une os nove refuxios do parque nacional de Aigüestortes i estany de San Maurici, no Pirineo de Lleida.

Os lugares polos que pasa, e as paisaxes que amosa, son difíciles de esquecer. A ruta é espectacular. A dureza do percorrido (4500m de desnivel positivo en 70km, bastantes tramos sen sendeiro definido) vese recompensada coas pánoramicas que se descobren o superar cada collado. Un paraíso para facer fotos.

Xa levaba un par de anos coa idea na cabeza de facer esta travesía, de pasar unha semana de refuxio en refuxio nos Pirineos. Tanto pola experiencia de estar uns días apartado do mundo como polas paisaxes que percorre.


Isto non é máis que un blog de fotos. Ademáis xa hai moito escrito sobre os Carros de Foc. Así que pouco podo aportar. Inda así, decidinme a compartir aquí o noso “diario” de viaxe. Fixeno así por se alguén quere ler as nosas peripecias, e por deixar un punto de vista diferente aos que queiran preparar esta ruta: a vivencia de galeg@s habituad@s a camiñar polo “monte”, de paseo pola “montaña”



Antes de comezar

A metade de nós non tiña moita experiencia en alta montaña, así que decidimos facer os Carros de Foc en seis días, para ter marxe en caso de contratempos, e no sentido contrario as agullas do reloxo, por ser (según din) máis sinxelo. Normalmente a xente a fai en catro ou cinco días, incluso en modalidade trail, hai quen a rematou en ... 12 horas!  Pero ese non se debeu parar a mirar a paisaxe. 

A reserva dos refuxios fixeramola catro meses antes, porque algúns teñen pouco máis de 20 camas, e complétanse todos no vran. Ao definir a ruta con tanta antelación, establecemos as etapas en función da duración aproximada que indican na páxina oficial de carrosdefoc, tentando que fosen o máis repartidas posibles. Pero sen ter nin idea de como eran os percorridos nin os terreos a superar. A pesar diso, tivemos sorte e definición das xornadas foi bastante axeitada.


Iamos comezar no refuxio de Mallafré, polo que a noite anterior durmimos na vila de Espot. Alí, a tarde previa a comezar, no centro de interpretación do parque, puidemos ver unha maqueta en relieve da extensión de Aigüestortes i San Maurici. Tentamos adiviñar o trazado do percorrido, no que se apreciaban as pronunciadas pendentes. Preguntándolle o rapaz de información do parque nacional sobre consellos, recomendacións ou  perigos e dificultades do camiño, saiu o nome que teríamos en mente a metade da ruta: O Contraix. 

O collado máis alto e máis complicado de superar dos Carros de Foc. Para chegar a este punto de 2749m de altura, hai que atravesar unha pedrera interminable e unha forte subida. “Toda dificultade é relativa”, comentabanos, e “vós estades xóvenes”, dicía para animarnos. Na maqueta de relieve, aparecía como un paso estreitiño e branco entre moles de pedra, con dúas empinadas paredes a ambos lados como única zona accesible. Pero iso non sería ata o noso cuarto día, así que rematamos os preparativos e a pensar en outra cousa tomando unhas garimbas, mentres chegaba a Espot o resto do grupo de seis que nos xuntamos para esta viaxe.


O primeiro día de ruta ianos levar do Refuxio de Mallafré ata Saboredo, pasando por Refugi Amitges. Os taxis 4x4 deixan os visitantes no Estany San Maurici, que está a 20min do refuxio de Mallafré, pero en sentido contrario ao que iamos seguir coa ruta, polo que tiñamos que ir ata este refuxio para recoller os “Forfaits” e desfacer despois o camiñado antes de iniciar a marcha.


Os Forfaits non son máis que un cartón para ir completando cos sellos dos refuxios de paso (algo parecido á compostelana), un mapa e unha gorra. Trala experiencia, non recomendaría pagalo, xa que custa 20€. O mapa custa 10€ nas tendas, e a min, persoalmente, non me gustan as gorras. Soamente se xustificaría polo cartón cos sellos como recordo. Nós pensábamos que se o completabas, regalaban unha camiseta como premio por rematar, pero acabamos enterándonos de que xa hai anos que non é asi.


En todo caso, nun grupo de seis, coller un forfait para cada un de nós foi un exceso. Pagamos a novatada. De feito, houbo quen deixou o mapa por non cargar de máis, xa que cun par de planos para todos era suficiente.


Sexa incluido no forfait, ou mercado na tenda, a ruta hai que facela con mapa. Non está indicada en todo o percorrido e as veces hai cruces pouco claros. Nós, a maiores, levábamos un GPS para ir máis tranquilos. Realmente, a maior parte do tempo so o utilizamos para confirmar que iamos no bo camiño, seguindo o track do wikiloc. Inda así, houbo dúas ocasións en que nos resolveu a situación e axudounos a non perdernos. Polo que estivo ben levalo. De feito, o primeiro día empezamos unha hora tarde porque esquecino na pensión de Espot, e tiven que baixar e subir no taxi 4x4 expresamente para buscalo.

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Paseo polos montes de Coruxo e Saiáns

Levaba un tempo sen publicar nada. Quería retomalo un día (ou mes) de estos. Pero non dou sacado moito tempo. Gosto máis de facer fotos que de escollelas e publicalas (...) Pero un día destes que saín a dar un garbeo polos montes de Coruxo e Saiáns (un día de moitos, quen mire un pouco este blog pode comprobalo, calquera tarde é boa para estar entre os bosques despois do traballo), pareceume que estaba todo tan fermoso que me deu por compartilo. Ademáis coincidíu que chovía, aos poucos, co que estaba eu so.  Tiven sorte porque daban moita máis choiva que a que realmente caeu, e supoño que eso botou para atrás ao resto da xente. Que tampouco pasa nada se me atopo con xente, pero sempre lle da un encanto especial. Tampouco é por ponerme intenso, é máis propicio a evadirse do ruido da cidade. Bueno, e non paso vergoña se alguén me ve poñendo o minitripode e correndo para posar. Non é por facer o instagramer, é porque me parece que hai fotos de paisaxes que gañan si se empatiza cun esp...

Vial Bembrive - Beade: O que imos estragar

O Concello de Vigo ten previsto no novo Plan Xeral a construcción dun vial de 4 carrís entre Baruxáns e PSA: o Vial OP 010. Pasará por Bembrive, Beade, Castrelos e Matamá. Este conxunto de fotos foi tomado nos lugares que se verán afectados ou destruidos por este vial. A desfeita consiste, principalmente, nas casas da veciñanza. Unhas serán derrubadas, e outras quedarán desvirtuadas ao lado dunha via de alta capacidade. Pero por outra banda, están os pequenos bosques, regos, carreiros, paisaxes rurales. Recunchos especiales que Vigo ten tan preto pero que vai estragar ou deteriorar para sempre. Neste link do Wikiloc podedes atopar o trazado do vial e os lugares aquí reflexados. Bembrive (O trazado do vial dividirá en dous a parte da parroquia entre Baruxáns e o Eifonso) Eifonso (pasa por enriba do rego e próximo aos muiños) Beade - Relfas (pasa por enriba, dividirá os campos en 2) Beade - Saa (pasa polas pradeiras cercanas ao entorno do Barxa) Beade - baixo instituto  (Neste tramo...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.