Saltar ao contido principal

Carros de Foc. Día 3

Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia.



Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Refugio Restanca
Bos días Restanca!

Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Subida a Tumeneia
Estany escondido


Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Subida al coll Tumeneia
Por aquí non pode ser


Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Estany gela de tumeneia
Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande

Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Estanys gelats tumeneia.
Entre lagos
Estanys gelats de Tumeneia


Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Estany gelat de tumeneia
Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno)

Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici.Estany gelat Tumeneia
Algo máis que descanso

Carros de Foc. Parc Nacional Aigüestortes i Estany Sant Maurici. Refugi Ventosa i Calvell
Xa se ve o refuxio!





Restanca – Ventosa i Calvell

Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar volta tíñamos todo o día.

Comezamos a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos. 

A pesar da néboa o localizamos sen problemas. Xiramos a esquerda e a partir de ahí o sendeiro non está moi marcado, pero os itos deixanse ver. Ao gañar altura, a néboa desaparece. Deixámola abaixo, cubrindo por completo o lago da Restanca.

Percorremos un treito máis ou menos plan ao borde dun pequeno rio, ata que voltamos a subir, por unha ladeira bastante empinada sen árbores. En todo momento seguimos os montonciños de rochas deixados por outros montañeiros, incluso hai sendeiro en algún tramos. 

Cada vez, o lago da Restanca queda máis abaixo, cuberto por completo pola brétema.

Cando a subida faise menos pronunciada, aparece unha grande pedrera con varios neveros. Nesa zona perdemos as marcas. O GPS dicía que estábamos a 2500m co que pouco quedaba por subir ata os 2600 que tíñamos que superar. 

Continuamos sen gañar moita altura hacia o collado que pensamos que é o Tumeneia. Deixamos atrás outro collado a esquerda, que descartamos por ser moi empinado. Avanzamos cada ún polo seu lado, para ver se atopábamos algún ito, pero sen éxito. 

Desplazarse é lento. Recollemos os bastóns para ter as mans libres. Cando podemos, camiñamos por neveros, para evitar os bloques. É máis rápido, pero non máis doado, porque non temos moita práctica, e ademáis a neve está resbaladiza e as veces bastante inclinada. 

Tras un rato avanzando, plantexamosnos a ruta: Cada vez os bloques son máis grandes. Isto non pode ser. Temos que estar mal encamiñados. Hai montonciños de pedras que semellan itos desfeitos, pero ningún parece moi verídico, máis ben parecen estar por casualidade. Ese día baixaran moito as temperaturas, o que facía máis fastidiado rascar as máns entre neve e pedras. 

Xuntámonos para contrastar o GPS co mapa. Quitamos “zoom” na pantalla, e pola nosa situación respecto dos lagos que debíamos atopar tra-lo muro de montañas que forma a cordillera, concluimos que o collado polo que tiñamos que pasar era o empinado que deixamos atrás hai un rato. Movéramonos demasiado ao oeste.

Damos volta entón cara o leste. Camiñando hacia o collado, que parecía máis grande canto máis preto estábamos. Voltamos a ver os itos. Xa non había dúbida: ese era o Coll de Tumeneia. 

Subimos este último repecho por unha cara de terreo non moi firme e empinado. E chegamos arriba 2604m. As vistas eran espectaculares e moi amplas. Un dos picos que se divisan ao fondo debe de ser o famoso Contraix. 

Vemos os lagos que nos axudaron a orientarnos: os Estanys Gelats del Port de la Tumeneia. E comprobamos o que o collado hacia onde íbamos pola pedrera, máis ao oeste, convertíase nun precipicio na cara sur. Debía de ser o collado anterior ao Pa de Sucre. En cambio, no Tumeneia, a baixada é de herba. Con moita pendente, pero con escalonciños verdes, co que o descenso é sinxelo si se fai en zigzag.

A baixada faise ben, camiñando entre montículos e lagos. Na cara sur crece a herba e xa non hai tantos neveros. As veces perdemos as marcas, pero coa axuda da referencia dos lagos é moi sinxelo orientarse. 

Os Estanys Gelat de Tumeneia (grande) hai que bordealo dende un alto, e resulta espectacular. Canto máis nos afastamos da cadea de montañas, apreciase a prominencia das súas paredes, e confirma o que dixeron os madrileños: O Coll de Tumeneia é o único paso posible, alomenos para o noso nivel.

Xantamos a beira do Estany Gelat de Tumeneia (pequeno), que está precioso cando reflexa as nubes. 

Camiñamos seguindo os itos, esta vez sen perdelos, ata xuntarnos co trazado dos Carros de Foc. O Refuxio de Ventosa i Calvell xa se vía dende lonxe, e pouco antes de chegar vemos o Estany Negre, metido debaixo do Refugi. 

En toda a xornada non atopamos a ningúen. Entramos na porta de Ventosa as 13:30. A etapa foi máis dura do que contábamos. Subimos 630m e baixamos 440m. Pero hai que ver o lado bo: O noso infructuoso paseo polos bloques foi un bo adestramento para o día seguinte.


Refugi de Ventosa i Calvell.

Maila a aventura do Tumeneia, chegamos con tempo de sobra de ducharnos en auga conxelada, lavar roupa e descansar. 

Ao ser o refuxio previo ao paso polo Contraix, este collado está en boca de todos: O garda nos felicita porque imos ter bo tempo o día seguinte para subilo. Un montañeiro catalán que viña en sentido contrario o noso, e que o pasara esta mañá, nos contesta: “ya lo veréis vosotros mismos, mejor no decir nada”. Outros dín que é máis lenda que realidade: “Le dan tanto bombo al Contraix para que los Carros de Foc tengan más aliciente”. Uns alemáns nos contan que está con neve, pero que non é perigoso… 

En fin, suxestionado por tanto comentario, a silueta do famoso collado parecíame ameazadora a través da fiestra do refuxio, cando se deixaba ver entre as nubes. Xa non sei se tiña máis curiosidade ou respeto. O día seguinte sairíamos de dúbidas.

Como tiñamos toda a tarde por diante, deunos por baixar un par de garrafas de viño. Saia máis a conta que as latas de cervexa, que nos refuxios están a 3€, e non sempre frías. Fosenos un pouco das mans e montamos algo de barullo. Nós xa sabíamos que eramos os menos “pros” do refuxio, agora sabíano todos os demáis.

As 19:00, a cea. Menú clásico: Sopa de allo, ensalada e carne asada. Tocounos na mesa cun pai e o seu fillo que comezaban o día seguinte os Carros de Foc, subindo o Contraix. Eran moi simpáticos e contaronnos moitas historias do Aneto, do “paso de Mahoma”, do seu clube de montañismo, da súa vila… e tamén escoitaron as nosas caralladas. O pai, que era entrañable, contounos anécdotas como que o menú no Refuxio de Colomers levaba sendo o mesmo 25 anos. O fillo, que era un lambón, daba boa conta da vergoña que os galegos deixabamos na bandexa. 

En tan boa compaña rematamos o día e fumos durmir sen pensar demasiado no Coll de Contraix.

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

Camiño dos Faros. Ponteceso, Laxe, Camelle

As dunas de Ponteceso,as súas marismas, a peninsula de Laxe, onde o mar xa se pon serio, Soesto, Traba... e o emblemático Camelle. Areal de Ponteceso Nen@s na area Lingua da duna Marismas A forza do mar Pesca Insua de Laxe Faro de Laxe Praia dos cristáis O mar devolve todo Soesto Curiosas formas Camelle Neste tramo da ruta percorrese o maxestuoso areal de Ponteceso. O seu propio monte branco. Tras pasar unha longa etapa pola costa e interior de Cabana. Tramo non tan espectacular pero con visita ao Castro de Borneiro e o domen de Dombate.  O camiño dos faros chega a península de Laxe, na que destaca o seu faro. Sinxelo, pero nun emplazamento privilexiado. En Laxe tamén se pode atopar a curiosa praia dos cristais. Seica un barco con botellas naufragou cerca dela. E o mar devolve todo. Tanto que formou unha pequena praia que no canto de area ten cristais erosionados. A partir de ahí, destaca o espectacular peñón de Soesto, e a praia...