Saltar ao contido principal

Carros de Foc. Fin.

Non son nada fanático de superar retos físicos, e polo de agora considérome máis fotógrafo que montañeiro (levei o mesmo número de obxectivos que de calcetíns). Pero non podo negar que sentin unha gran satisfacción por ter rematado os Carros de Foc. Quizáis porque antes de comezar pensaba que nos viña un pouco grande, e superar as expectativas sempre enche.


Lembrarei moito tempo esta experiencia: as paisaxes, o illamento do mundo, o esforzo compartido, apañarse só co necesario, a xente que atopamos polo camiño, e, sobre todo, a xente que me acompañou.



FIN DOS CARROS DE FOC. DÍAS 5 E 6



Bajada del Dellui. Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici Estany Cubieso Pic Tort

"A baixada"

Estany Cubieso e Pic Tort



Estany Mariolo e estany tort Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici

"Que pequenos somos"

Estany Mariolo e Estany Tort



Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici.
"Josep Maria Blanc"


Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici
Pic de Peguera

Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici
"Val de Monestero: Case estamos"​​

Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici. Riu de Monestero. Pic de Peguera e Tossalet del Mig

"Bucólico"

Riu de Monestero e o fondo Pic de Peguera e Tossalet del Mig



Carros de Foc. Aigüestortes Sant Maurici. Els encantats.

"Fin dos Carros de Foc"

Els Encantats e Refugi Mallafré


​​
DIA 5


Estany Llong – Colomina.

Quinta etapa dos Carros de Foc. Percorrendo as terras do Dellui.


Amanecimos, como o resto dos días, sobre as seis e media para tomar o almorzo as sete. A boa nova foi que a nosa lesionada estaba bastante mellor, con moita máis movilidade no xeonllo, e decidiu comezar a etapa e probar sensacións. En Colomina tamén hai posibilidade de retirarse (1h a pé ata un teleférico). Así que saimos con calma  e animad@s.

A subida polo bosque do Estany Llong é sinxela. Comeza na sombra dun bosque de pinos e non é moi empinada, co que é perfecta para quentar as pernas. Ademáis o camino non ten moitos obstáculos, é un sendeiro bastante definido. Tras subir un bo treito en Zigzag, o camiño pasa a ir paralelo por arriba ao rio de Sant Nicolau (o de Aigüestortes). Neste tramo hai unhas vistas moi chulas do val, e divisamos ao lonxe o paso do Contraix, que deixaramos atrás o día anterior. Continuamos, mentres o camiño bordea o Barranc de Dellui e cambiamos de val. 

No val de Dellui, divisamos ao fondo o collado polo que teremos que pasar. Aquí o bosque de piñeiros desaparece. Esta e zona ten paisaxe de alta montaña, máis pelado. Entramos nunha pedrera. É moito máis sinxela que as do día de onte, pero a facemos con calma igualmente.

O ascenso ao Coll Dellui faise moi ben. Ten sendeiro e non plantexa máis problema que o esforzo físico. 2577m de altura. Dende arriba hai boas vistas o val que deixamos atrás e a zona de lagos que nos agarda adiante, O estany de l'Elrerola e de Cubieso. En desxeo teñen pinta de estar xuntos, pero en Xullo, este ano, estaban separados.

Paramos un rato no collado, foto de grupo, e iniciamos a baixada, que é empinada por tramos, pero non é complicada porque é de herba. Paramos a xantar durante un bo rato a beira do Elrerola, para reagruparnos e descansar.

Despois de reponernos, comezamos a camiñar por unha zona que no perfil da etapa parecía chan, pero que resultou ser de subidas e baixadas leves (pero subidas e baixadas no fondo). Esta parte bordea o Estany Mariolo, e varias veces o Estany Tort, que é moi grande e revirichado, e pasa por varías presas. 

Estamos fora do parque de Aigüestortes dende que pasamos o Dellui. O paisaxe é máis suave e despexado que os días anteriores, menos escarpado. Incluso hai zonas de idílico sendeiro sobre “céspede”. As presas artificiais quitanlle un pouco de encanto aos lagos. Gustanme máis os que son completamente naturais.

No camiño, cruzámonos cos dous madrileños veteranos que atopáramos na Restanca, que ian en sentido contrario ao noso. Agradecimoslles o ternos recomendado o camiño alternativo polo Tumeneia. “Está mucho mejor, caminas todo el tiempo solo, no como por aquí, que esto parece la Gran Via”. Algo esaxerados estos madrileños, pero xente simpática. Pensei que camiñaban bastante, xa que os atopamos hai dous días e percorreran moito máis tramo que nós no senso contrario.

Case o final da etapa, un tramo coincide cunhas vías de tren estreitiñas e abandoadas. Semellan as vías dos vagóns das minas que saen nas películas do oeste. Seguímolas case ata o desvío que leva ao Refuxio de Colomina, onde hai unha subida empinada para rematar a etapa. Chegamos as 15:50. Ao ir a ritmo máis tranquilo, parece que non fixemos moito esforzo.

Refuxio de Colomina.
2395m Antigua casa onde vivia o enxeñeiro que traballou na construcción dunha central hidroeléctrica (a primeira de España). Despois foi cedida a federación catalana. Moi exposto ao vento, a beira do Estany de Colomina. Ten boas vistas dende a súa terraza. Como chegamos tarde, os sendeiristas cos que coincidiramos nos refuxios anteriores, coma os irmans de Pamplona, alegraronse de vernos, porque pensaban que o final tiveramos que dar volta, xa que tentaron vernos mirando atrás na subida o Coll Dellui, pero non aparecíamos.


Outra consecuencia de chegar tarde foi ducharnos case antes da cea, porque eramos os últimos à cola, só había unha ducha, e había auga quente de tempo ilimitado (a xente debeu recrearse bastante e aproveitar os 2.50€ que custa a ducha)

Na cea coincidimos cunha parella xoven de franceses e cun pai co seu fillo de 14 anos, que viñan hoxe dende Ventosa i Calvell. Menudo fiera o rapaz. De menú: ensalada e lomo. Regada con garrafa de viño e chupitos de ratafía o final (era a derradeira noite xuntos e da travesía, había que celebralo).


Despois, na biblioteca do refuxio atopamos un libro de debuxos sobre os Carros de Foc: “La Tina a la carres de Foc” de Araceli Segarra. Era a historia dunha nena que facía o percorrido. Os lugares eran reais pero aparecían neles persoaxes infantís e imaxinarios. Fíxonos gracia, porque o itinearario que seguía a nena na historia era o mesmo que camiñamos nos: O dragón do paso de Tumeneia; A ameaza do Coll de Contraix, que o final resultou ser un tranquilo coello; O bosque de néboa de Estany Llong; o tren encantado de Colomina; a lenda de Els Encantats…

O día seguinte, o plan era separarnos en JM Blanc. Unha parte de nós marcharían en taxi 4x4. O resto, a parte galega do grupo, tiñamos pensado baixar por un GR dende o refuxio JM Blanc ata Espot, e aforrarnos a derradeira etapa, que sube e baixa o Coll do Monestero.


Voltar a Espot era o plan inicial, de cando tiñamos dúbidas sobre como nos apañaríamos na montaña. Pero tras ter feito as partes máis difíciles desta travesía, cambiamos de idea e animámonos a rematar o Carros de Foc por completo. Iríamos tod@s xunt@s ata Blanc, e despóis nós seguiríamos para voltar a Mallafré polo Monestero. A previsión era de bo tempo e tíñamos todo o día.





DIA 6


Derradeira xornada dos Carros de Foc.


Colomina – Josep Maria Blanc
No refuxio de Colomina dan o almorzo as 6:30, polo que este último día madrugamos un pouquiño máis que o resto. Saimos as 8:15. Había sol, pero todavía non superara as montañas do arredor para quentarnos. Facía un vento moi frío. Non se podía estar parado. A nosa mancada estaba un pouquiño peor que o día anterior, pero avanzaba con constancia. Bordeamos os Estanys que están a carón de Colomina: o tamén chamado Colomina e o Estany de Mar.  

O único sitio para sair do circo que forman os lagos de Colomina é o Pas de l’Os. Un estreito canal de subida sobre pedra e escalóns tallados que non presenta máis dificultade que o esforzo físico. 

Tras supéralo, chegamos o Estany de Saburó. Medio baleiro, parece un cráter. Estes lagos son todos moi grandes, e poden resultar espectaculares, pero o día estaba demasiado soleado para sacar fotos que me convenceran, por mor dos contraluces.

Bordeamos o Estany do Saburó e chegamos á subida do mesmo nome. Este é tamén un dos “puntos duros” dos Carros de Foc. Ten unha pedrera de bloques sen camiño algo dificultosa, pero moito menos que o Contraix. Os bloques non duran moito, e o final da subida transcurre por algo parecido a un camiño. No collado do Saburó (2668m) se aprecian os lagos que nos acompañarán ata Josep María Blanc. 

A zona que percorreomos a continuación é moi fermosa. Subidas e baixadas curtas sen moita complicación, bordeando lagos e zonas verdes.  O día estaba precioso para gozar da paisaxe.

Chegamos a un cruce do que saia un camiño que subía ao Coll de Monestero, e outro que baixa ao refuxio Josep María Blanc. Xusto no cruce, atopamos ao pai e o fillo da cea de onte. Voltaban de Josep María Blanc e ian cara Mallafré. Preguntamoslles se non se podía facer o camiño circular, para non voltar do refuxio ata este cruce polo mesmo camiño. O pai dixo que o consultara, pero que era unha zona pouco marcada con risco de perderse se non se está acostumado a situarse en montaña. Despedimonos, esta vez definitivamente, xa que estes dous andaban rápido.

A baixada ao Refuxio J.M. Blanc (bastante pronunciada) ten unhas vistas preciosas da zona dos Estanys Trullo e Tort de Peguera, onde está enclavado o propio Refugi, e do Estany Negre de Peguera. Co sol que facía, a cor do auga era luminosa e turquesa. Espectacular. Chegamos sobre as 12:10. Tardamos unhas catro horas en facer un percorrido de tres. O cal está moi ben, tendo en conta as circunstancias. Penúltimo sello, pero derradeiro refuxio

Refuxio Josep María Blanc.
2318m.. Construcción moi fermosa e mimetizada na paisaxe. Situado nunha especie de península entre lagos. Os días anterires escoitaramos que é o refuxio máis fermoso de todos. E é certo. 

A sección Barna do noso grupo pediuse unhas cervexas xa que era o seu derradeiro refuxio. Sacamos algunha foto de equipo. E un placer camiñar ao seu lado. A ver se repetimos pronto. A nosa lesionada aguantou perfectamente a travesía (de ser eu o que estivese así, coido que me tería retirado…). Despedimonos definitivamente. Ata a próxima.

Preguntei o guarda polo camiño para ir ao Monestero sen voltar polo mesmo sítio, e dixo que estaba ben marcado. E que se tardaba o mesmo tempo, porque era máis longo pero menos pronunciado. Tiñamos dúas opinións completamente diferentes sobre o percorrido: a do garda e a do pai e o fillo. Tras sopesalo, decicimos voltar por onde viñemos. Era o track que levábamos no GPS, quedaban cinco horas por diante e non queríamos correr riscos de dar voltas innecesarias buscando o camiño. Moito sol, moitos kilómetros e moito desnivel acumulado nas pernas, e o corpo podía dicir basta. Despóis, deume magoa de non disfrutar dese percorrido alternativo… igual paseime de precavido.

Josep María Blanc – Mallafré
Saimos as 12:30. Facer o mesmo camiño ata o cruce implica meterse unha boa subida no corpo. Con zonas que tiñan incluso agarraderas. Grupos de vacas instalabanse no medio e medio do sendeiro, obrigandonos a dar rodeos. Semella que querían dicirnos que deberíamos ter escollido o outro percorrido. 

Antes do cruce, atopamos á parella de franceses de Estany Llong. Debían vir de facer algún pico. A chica comentaranos que facía trails de 100Km. Semella que por aquí, todo o mundo tiña un curriculum montañeiro da ostia (agás nós, obviamente). Desexámonos boa continuación por derradeira vez.

Voltamos o punto de partida dúas horas despois da ida e volta a J.M.Blanc. Imos ben de tempo. Cumplimos as estimacións dos carteis. Comeza a subida o Coll de Monestero, o derradeiro “coco” dos Carros de Foc. 

O ascenso é moi sinxelo. Con pendente tendida, sen ascender case nunca de forma abrupta. A única dificultade é o sol de mediodía e os kilómetros cargando peso acumulados nas pernas. A min pasanme factura, xa non recupero fácilmente o ritmo do resto tras parar a facer fotos.
O Pic de Peguera aparece impoñente a nosa esquerda. Vemos xente abaixo, descansando a beira dos lagos que imos deixando atrás. Vemos tamén mochilas no camiño, deixadas para alixerar peso por xente que vai facer ida e volta no ascenso o propio Peguera ou o Monestero.

No collado (2716m) estase ben, non hai vento e paramos a reponernos. Son pouco máis das dúas, levamos seis horas camiñando e empezo a notar que faltan as forzas. Fixemos a subida en menos tempo do que marcan as indicacións, pero queda a baixada, que non é o noso forte. 

Se miramos atrás temos a vista das moles Pic de Peguera e Pic do Saburó, e os Estanyets, que teñen debaixo. Se miramos adiante, un canal desanxelado inundado de pedreras, que deberemos atravesar para chegar onde se cruza co val do rio Monestero, o que nos vai levar ata Mallafré.  A dereita, o Pic do Monestero. Bastante xente o inclue no percorrido, pero nós non.

Penso que a baixada do Coll de Monestero é das peores de toda a travesía. Rocha pequena que se desfai. Moi empinada, a pesar de ser en zigzag. Como o camiño é tan escurridizo hai múltiples opcións de sendeiro, pero ningunha convincente. As veces, o terreo tornase como o dunha duna, e o pé hundese ata o nocelo. Faise longa, pero todo remata. 

Atravesamos o val descendendo constantemente (son 1000m de baixada dende o Coll Monestero a Mallafré) entre pedras e semi-sendeiro. As veces de forma moi pronunciada.

E por fin chegamos a zona verde. O val de Monestero. É o premio final dos carros de Foc. Cada vez o camiño faise máis agradable, bordeando o rio Monestero entre prados e piñeiros que van aumentando en número. Era a zona que queríamos para facer o descanso. E recreámonos. Como iamos rematar sobrados de tempo (eran as 16:30 e en Sant Maurici hai taxis ata as 19:00), pasamos case unha hora tirados na herba, o borde do rio. Idílico. Bucólico. Aproveito para mollar os pes (pouco rato: é auga de desxeo). O val permite ver o impoñente Pic de Peguera e o Tossalet del Mig, que con esta perspectiva parece unha agulla.

Continuamos coa pendente cada vez máis suave, pasamos o Estany de Monestero, atopamos cervos e cabalos, atravesamos un humidal protexido por unhas táboas para non písalo, e adentrámonos nun bosque. Estamos a piques de chegar.

Entre as polas das árbores, a man dereita, asoman os cumios de Els Encantats. Xa estamos. Non tarda en aparecer o Refuxio Ernest Mallafré. Son as 18:00 horas. Rematamos os Carros de Foc.

Refuxio Ernest Mallafré.
1893m. Moi pequeniño. Cando chegamos, xa é tarde, os montañeiros que van pernoctar están fora facendo tempo antes da cea. Mentres elas sellan os Forfaits (e verifican que non dan camisetas...), eu falo coa parella xoven de franceses que atopamos en Colomina, que estaban sentados na terraza. Non puideron completar os Carros de Foc porque non había sitio nos refuxios, así que mañá voltaban outra vez a Colomina. Resulta que hoxe subiran o Monestero, o Peguera (que ten vistas panorámicas) e o día seguinte voltaban a ascender o Peguera, pero por outra cara. “E iso que estes tiñan pinta de tirillas” Pensei. Está claro que en este parque, os máis chaiñas somos nós. Xente agradable, en todo caso, despedimonos desexandonos boa continuación.

De Mallafré ata Espot hai un camiño de unhas dúas horas, pero preferimos voltar ao lago Sant Maurici para pechar o circulo, e alí coller o taxi. Son vinte agradables minutos de lixeira subida. Vamos atopando excusionistas de un día e grupos grandes de nenos que nos anuncian que voltamos á civilización. 

As 18:25 chegamos o Estany Sant Maurici. Este derradeiro día estivemos máis de dez horas de ruta. Foto finish e a polo taxi 4x4, o primeiro vehiculo a motor que vexo en días. Chegou o momento de romper a rutina dos refuxios.
Xa en Espot, tomando unhas cañas atopamos os irmaos pamplonicas. Comentannos que voltaron a pensar que abandoaramos no Refuxio J.M. Blanc, xa que estiveron alí ata as 11:30 facendo tempo antes de marchar. Boa xente, gustoume que se preocuparan sempre por nós. Fixome gracia que comentaban entre eles “Es que en Galicia no hay montañas”

Despois de rematar.
Sabemos que non é ningunha fazaña facer en seis días os Carros de Foc. Pode ser, pensado a posteriori, que puideramos ter recortado algúnha xornada. Inda así, non nos arrepentimos: disfrutamolo con máis calma. 

Sabemos tamén que a montaña foi benévola connosco: Só sufrimos unha tormenta e non foi moi severa; e só nos envolveu a nevoa camiñando un día, o cal non impediu que nos orientaramos nin nos privou das paisaxes. En definitiva, non houbo moita épica. En parte, por cumplir con todas as recomendacións que nos deron. Mellor así.

Non son nada fanático de superar retos físicos, e polo de agora considérome máis fotógrafo que montañeiro (levei o mesmo número de obxectivos que de calcetíns). Pero non podo negar que sentin unha gran satisfacción por ter rematado os Carros de Foc. Quizáis porque antes de comezar pensaba que nos viña un pouco grande, e superar as expectativas sempre enche. Lembrarei moito tempo esta experiencia: as paisaxes, o illamento do mundo, o esforzo compartido, apañarse só co necesario, a xente que atopamos polo camiño, e, sobre todo, a xente que me acompañou.

Publicacións populares deste blog

VigoHistórico

Durante os anos 2019, 2020 e 2021, estiven colaborando activamente coa asociación Vigo Historico.  Este colectivo tiña o noble  (pero complicado) fin de tentar evitar a construcción dun tunel baixo a porta do Sol, en pleno casco vello de Vigo. Fago nesta entrada unha pequena recopilación de fotos e debuxos que serviron para poner en valor os espazos que se ian estropear. Os debuxos son bastante simples, moit@s nen@s pintan mellor ca min.  Pero lembroos con cariño Tampouco me vou parar a explicar o absurdo do túnel, porque xa está explicado na páxina desta asociación. Ademáis, o tempo se encargou de demostrar que non é necesario para convertir an zona  en peonil. O túnel foi adiante. Non se logrou o obxectivo. Porén, na miña opinión, a  gran victoria de VigoHistórico foi concienciar a cidadanía sobre o patrimonio vigués, e poner en valor o paseo de Alfonso. De xeito que a corporación non lle quedou outra que modificar o trazado do túnel e levalo ata Torreced...

Amanece en Rodas

Unha das cousas que máis me gusta de ir acampar a Cíes é poder pasear pola praia de Rodas ao amencer, mentres o sol levanta detrás de terra firme.   Sempre me merece a pena o madrugón para poder velo. Ainda que haxa veces que despóis do paso volto a durmir. A derradeira vez que o fixen, ademáis, non había ninguen na praia.  E solo un barco fondeado. Tamén é certo que o día anterior houbera temporal.  Imaxino que eso lle quita á xente as ganas de ir a Cíes. Sendo así, queda a sensación de que pagou a pena sufrir a choiva e o vento o día anterior. Ter o premio de un amencer en Rodas en soidade.

Camiño dos Faros. De Muxía a Touriñán

  O camiño dos Faros chega a Muxía. Onde comeza o tramo máis salvaxe desta ruta. Virxe da Barca Ría de Camariñas A ferida do Prestige Cuño Punta Buitra Praia Moreira e Cabo Touriñán Baixada praia Moreira Praia Moreira Touriñán Relax na Costa da Morte Atravesando Touriñán Estrada a ningures O cabo de occidente Faro Touriñán Tras outra etapa “interior” pola ría de Camariñas chegamos a Muxía, Zona cero da catástrofe do Prestige. Alí atopamos a carismática Virxe da barca e a (ex)pedra de abalar. Está collendo pulo como destino de peregrinos, trala popularización do camiño de Santiago ata Fisterra. Dende ahí comeza a etapa máis dura e máis virxe do Camiño dos Faros. Alomenos antes de que construiran un pedazo mamotreto de hotel na praia de Lourido, cos fondos do plan Galicia para a recuperación da crise do Prestige. A formula de sempre para sair adiante: asfaltar a costa e turismo de hotelazo. Os montes Cachelmo e Pedrouzo, Punta Buitra e...

Passaran. Estagnous - Mont Valier

Etapa 5 e derradeira do Passaran  Volta ao inicio e saida da alta montaña. Incia con subida ata o Col de Pecouch, onde vemos por derradeira vez o Etang Rond. e baixamos por un terreno calizo con curiosas marcas nas pedras (imaxino ocasionada polos glaciares) ata chegar o val dos lagos Milouga e Etang d´Arauech. O camiño xa non é de montaña, transita por prados e colinas ata atopar o cruce co GR 10, que nos leva ata o refuxio da Maison du Valier. Etang Arauech. Mont Valier fondo dereita Pedras con formas curiosas Máis entradas do Passaran  Aquí

Refuxio de Estagnous

Pernoctei neste refuxio durante a travesía de montaña Passaran.  É un aloxamento moi acolledor, con xente atendendo moi amable, e está nun lugar privilexiado.  Construiron este refuxio sobre o Etang Rond, e baixo o xigante Mont Vallier.  Un impoñente monte que ten un glaciar na súa cara norte, ainda que moi pequecho e posiblemente en camiño de desaparición no vran. Pero o máis chamativo de Estagnous son as vistas do solpor. De feito creo que a cena é algo antes para que dea tempo de sair a admiralo. Bueno, creo, non sei se é así ou se sain eu antes a velo. Sexa dun xeito ou de outro, deu tempo a que todo o mundo puidera gozar coas vistas.  Creo que é dos solpores máis chulos que vin dende un refuxio.  Comparable ao de Collado Jermoso, ou Niu d´ a. Aliga Ademáis a nevoa que entraba e saia do val facía a o ambiente da estampa ainda máis especial. Asi que farteime a facer fotos. Costoume facer selección :-) Máis entradas do Passaran  Aquí