Saltar ao contido principal

Mundo

Arouca Paiva

Dunas de Maspalomas

Formentera

Ibiza

Bal de Boí i Taull

Socalcos de Sistelo



Publicacións populares deste blog

Cartagena

  Esta vila do caribe colombiano foi das que máis me gustou do pais.  Vese chea de vida, e non só polo turismo.  Mestura de forma colorida o moderno (e non tan bonito) skyline típico américano con casas tipo coloníais. Forte San Felipe É esta derradeira zona a que se visita, e na que eu estiven. Skyline Ten bastante relevancia. É a segunda cidade en actividade económica de Colombia.  Foi capital do pais na época do control hispano, e sempre foi un departamento a ter en conta. Cando chove en Cartagena O asentamento non ten unha historia moi longa (bueno, ou si, pero solo se conta dende que chegaron os españois). Pero ainda así é ben intensa.  Impresionoume a batalla contra os ingleses na que os españois colonos rexeitaron a invasión.   Din que de non ter repelido aquel ataque, gran parte de américa latina hoxe en día falaría inglés.   Tal era a importancia de Cartaxena.   Daquela batalla quedou como recordo un impresionante forte, o castelo de San ...

Medellín e Guatapé

  Imaxes da miña visita a barriada "Comuna 13" de Medellín e o peñón de Guatapé. Pacha Mama A cidade de Medellín e ben coñecida polas historias do Cartel e de Pablo Escobar. Antes da viaxe a Colombia, non coñecía a outra vertente oscura e violenta, a das bandas nos barrios. A comuna 13 é un barrio periférico, o cal, precisamente pola súa rápida conexión con alguna estrada de saida / entrada de Medellín, resultou ser lugar estratéxico para a entrada de mercancía na capital de Antioquia. Praza Botero Esto fixo que as bandas controlaran esta comuna, na que vivían 130000 personas, distribuida en 21 barrios. Facían a lei, podían xulgar sen xuizo por vestimenta ou por consumir drogas. Como organizacións mafiosas, as personas que non lles axudaban eran expulsadas ou asinadas.  Había mortos de seguido debidos as pelexas entre bandas polo control.  Colibrís A situación de descontrol gubernamental era tal, que tiveron que facer duas incursión militares.  A primeira foi a chama...

Passaran.Araign - Montgarri

 Etapa 3 do Passaran. Etapa "raiña" Saimos de Francia, da zona de Ariège, para entrar no Val d´Aran. Dende o Collado Araign Deixamos cedo do refuxio de Araign, porque o día vai ser longo, non hai sombra, e está facendo moito calor. Máis de 30º en alta montaña, a máis de 2000m de altura.  Normal que os glaciares estean quedando en mínimos. Vistas da frontera O primeiro é desfacer os pasos do día anterior e subir para voltar ao collado que se chama igual que o refuxio e o lago: Araign.  Despois, hai que seguir subindo, pero xa non tan forte, ata o Portillon de Albi: a frontera co Val d´Aran.  Photocall do Portillon Antes do collado, as vistas da rexión de Ariège coa luz da mañá eran dignas de admirar (e de usar como foto call).  Aneto e glaciar Atravesamos un par de pequenos lagos e chegamos a outro collado onde as panorámicas son super fermosas. por un lado, hacia o oeste, vese o macizo do Aneto, co seu glaciar. e hacia o Sur vemos o val que imos bordear dende ar...

Cabo Estai

​​ "Mirando na rede, descubrín que - en Cabo Estai - hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor" Cabo Estai Os muros de Xunqueiro Pedras verdes O palco das Cíes O faro escondido Derradeiras luces da furna Cíes As escaleiras do faro de Cabo Estai ​ Cabo Estai é un deses sitios que sabes que está ahí pero que nunca lle da a un por visitar. Lembro que pasei por alí unha ou dúas veces, xa hai anos. A imaxe difusa que tiña na mente era de unha grande extensión sen un punto característico ou concreto onde poder ver o mar. Mirando na rede, descubrín que hai un faro. Como pareceume xeitoso, decidín coller a bici e ir por alí a sacarlle algunha foto no solpor. Para ir dando pedáis está un pouco lonxe, así que fun parando nas calas con rochas e algas, que van aparecendo cando se deixa atrás o rebumbio de Canido e vaise entrando na afastada zona resid...

Anillo de Picos VI. Vega de Ario - Vegaredonda

Os refuxios  Vega de Ario e Vegaredonda están unidos polo camiño que transita polos lagos de Covadonga, e por Pandecarmen. Pero hai outra variante, máis corta, que vai pola vega de Aliseda. Este camiño está desaconsellado con nevoa, porque é moi complicado orientarse. Ese día a névoa era intensa. Como estaba o día moi cuberto non subimos ao Jultayu, que seica ten unhas vistas preciosas do Cares. No canto de facer o pico, seguimos o camiño discurre entre prados ata chegar ao collado do  pico  Conjurtao. Dende arriba non se ve nada. Todo cuberto polo manto branco. So algún grupo de Chovas e rebecos que observan dende a lonxanía, mergullados nunha néboa clara, pero que impide toda visión.  A partir de ahí o camiño desaparece. Entrase nun mar de Caliza cheo de lapiaz, simas e Jous grandes e pequenos. A soidade, a imposibilidade de visualizar o fondo, o silencio, dan a impresión de camiñar por un mundo medio irreal. So temos a compaña de algúnha manada de rebecos. Baixand...