Saltar ao contido principal

Templos de Angkor

Os restos do imperio jemer


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya
Os novos Jemeres

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo de Bayon cara de buda
Baixo o inquietante sorriso de Buda

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Ta Prohm. tomb raider
O templo do abandono


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo de Bayon
A batalla


Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya.Templo de Ta Prohm (tomb Raider)
Ta Prohm

Detalle

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Ta Prohm
Habitante dos templos

Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Ta Prohm
David e Goliath
Templos de Angkor. Siem Riep. Camboya. Templo Bayon
As 216 caras de Buda


A porta escondida

Angkor, que está ao lado de Siem Riep, foi a capital do imperio Jemer, que abarcou case toda Indochina no seu apoxeo. Daquelo so queda a língua jemer e as pedras que se salvaron do espolio.

Os templos, feitos construir polos emperadores, foron destruidos nas guerras cos Tailandeses, esquecidos na selva, e saqueados polos habitantes do arredor para poder subsistir, e finalmente reconstruidos pola ocupación francesa. Son un conxunto espectacular de construccións a medias con moreas de estatuas mutiladas. Recoñecidas como patrimonio da Unesco e maravilla do mundo antigo, son o emblema do reino actual de Camboia. De feito está na bandeira nacional.

Impresiona pensar como debían ter sido. Algúns dos templos son budistas, outros hinduistas, outros as duas. Según a relixión do rei de turno do imperio. Algún incluso era das dúas, como o de Bayon, que ten 216 caras de Buda. O rei que o fixo construir, quixo que servise para culto budista e hinduista, para evitar conflictos sociais e relixiosos. Resulta dificil imaxinar hoxe en día que se poida facer un templo para cristians e musulmans, por exemplo... Iso di moito das culturas antigas. Tamén hai que dicir que o fillo do rei en cuestión mudou o templo a hinduista, e mandou destruir as partes exclusivamente budistas do templo.

Outros templos coñecidos son Ta Prohm, famoso porque lle creceron arbores entre as súas edificacións, e por ser escenario de Tomb Raider. E sobre todo Angkor Wat, a edificación relixiosa máis grande do mundo, que ofrece a famosa postal da silueta das súas torres reflexadas no estanque que ten o lado ao amencer. Foto que, por certo, necesita de moita espera mantendo a posición case a codazos entre a lama.

Nin que decir ten, agora é un reclamo turistico de primeiro nivel. E tamén é un circo por momentos. Inda así, é un lugar que paga a pena visitar.

Publicacións populares deste blog

Camiño dos Faros. Cabo Vilán, a costa dos naufraxios

É dificil saber cal é a etapa máis fermosa do Camiño dos Faros. O que está claro é que o tramo de Cabo Vilán é dos máis espectaculares de toda a Costa da Morte. Monte Branco Praia do Trece Area A costa dos naufraxios Silueta de Faro Cabo Vilán Costa da Morte Eólico O Faro Figura impoñente Cabo Vilán O impresionante Monte Branco ten unhas vistas incribles da salvaxe praia do Trece. O Cemiterio dos ingleses lembra a tráxica historia do Serpent, un de tantos barcos naufragados nestas augas. De feito os veciños de Camariñas recibían (e reciben) a miudo regalos chegados do Atlántico. Latas de conserva, pinturas, algún fardo… Pero normalmente non soen ser agradables, como galletas de chapapote ou restos de barcos. Precisamente por esta negra historia, o faro de Cabo Vilán foi o primeiro en ser electrificado en España. Impoñente, a súa silueta inspira todo tipo de historias de treboadas e naufraxios. É iguas de carismático, ou máis, que o faro de...

Camiño dos Faros. Cabo da Nave e Fisterra

O Camiño dos Faros vai “in crescendo”, tamén dentro da derradeira etapa. O Sendeiro do Cabo da Nave é absolutamente espectacular. Non se queda atrás a chegada ao faro de Fisterra, cargada de simbolismo, cunhas vistas magníficas dende o monte Facho. Monte Castro Camiño dos Faros Primeira vista do Cabo da Nave Praia da Arnela Acercandose ao Cabo da Nave No interior do cabo da Nave Cantís Cabo da Nave Facho: derradeiro obstáculo Cabo da Nave e Praia Mar de Fora Fin do Camiño: Faro Finisterre Fisterra  Na miña opinión, paisaxisticamente falando, a parte final do Camiño dos Faros é a máis fermosa e auténtica. Hai poucas andainas nas que poidas caminar por carreiros desertos durante tanto tempo, coa única compaña do mar e o vento, sobre cantís onde rompen as ondas e gozando de paisaxes impresionantes. O Cabo da Nave é a guinda do Camiño. Este tramo pódese percorrer grazas a un pequeno sendeiro que acompaña a unha tubería de augas. Unha sorte. E, obviamente, os inventores do Cam...

Islandia (I) - Jokulsarlon

  Lago de Icebergs de Jokulsarlon.   ​ Espectáculo inmóvil. Formas xélidas de todos os tamaños e cores. Caos de xeo.  Silencio e frío. Impresiona. Mesmo sen ter as luces de final do día, nin ceo claro, nin vento tranquilo que deixe calma a auga. Jokulsarlon  é un deses lugares que se quedan na cabeza toda a vida.

Senda Camille: Bisaurín, Sarrios, Ibon Estaner

Cumio do Bisaurín Castillo de Acher e Secús Cores de montaña Vernera Sarrios. Ibon Biello Ibon de Estaner Senda de Camille Volta a Francia A subida ao Bisaurín require esforzo, pero a recompensa paga moito a pena. Dende o cumio máis alto destes Pirineos Occidentales a vista é 360 grados. Pódese admirar hacia o Norte o Castelo de Acher e as súas diferentes tonalidades, ademáis das augas Tortas e o coll d´Arlet, do primeiro día da senda de Camille. Ao Oeste está o veciño Pico Agüerri, que parecía imponente cando o bordeábamos por Taxeras, pero non tanto dende o Bisaurín. Hacia o Sur a vista exténdese ata os fins dos vales desta zona, e vilas que poderían ser a propia Jaca. E hacia o Leste a colección de cumios dos pirineos, que hai que coñecelos ben para diferencialos: Collarada, Balaitous, Monte Perdido, Vignemale… Como non é o meu caso, eu solo recoñezo o que está sempre omnipresente nesta zona: o Midi d´Osseau. Na derradeira etapa subese dende o refuxio de Lizara ata o porto de Verner...

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.