O Cornón é un pico que está moi preto de Villablino, pódese acceder dende a parroquia de Sosas de Laciana. Percorrendo todo o val. Na nosa excursión, cando chegamos ao collado, facía tanto vento que se nos quitaron as ganas de subilo. Pero as vistas pagan a pena. Ademáis, se é por subir picos, está o Cornín que é máis baixiño pero ten unha baixada que hai que ir a modiño. Se en vez de voltar polo val, se fai a volta polas crestas, percorrese o circo completo, e as vistas son ben fermosas.
Terceiro día da travesía. Do Refuxio da Restanca a Ventosa i Calvell. Paso polo "escondido" Coll de Tumeneia. Bos días Restanca! Estany escondido Por aquí non pode ser Bordeando Estany Gelat de Tumeneia grande Entre lagos Estanys gelats de Tumeneia Bordeando estany gelat de Tumeneia (pequeno) Algo máis que descanso Xa se ve o refuxio! Restanca – Ventosa i Calvell Amaneceu na Restanca con moita névoa e pouca visibilidade. De cando en vez abría, pero voltaba a pechar. Pensamos en botarnos atrás no paso polo Coll de Tumeneia, pero o final decidimos avanzar, xa que para dar volta tíñamos todo o día. Comezamos a camiñar as 7:40 bordeando o Estany de Restanca según as indicacións que nos deran os madrileños o día anterior. Tras chegar ao lado contrario do refuxio, o camiño abandona o lago e sube por un bosqueciño de pinos ata atopar o poste torcido, onde teríamos que desviarnos. A pesar da néboa ...

















