Saltar ao contido principal

Treboada Domingos

Co aumento da temperatura do mar, teremos que ir acostumándonos a estas treboadas "dopadas" de moita auga e moito vento que duran días. 



Semella que non hai outono, do vran pasamos directamente ao inverno.


A desta finde, a que chamaron Domingos, non deu moitos intres de acougo. Gústame aproveitar os anacos de luz entre chuvasco e chuvasco, son ben curiosos.


Creo que desta vez pagou a pena. A pesar de ser collido por un par de ráfagas de choiva. E a pesar de que as ondas estiveron un par de veces a piques de enchouparme os pes.


Gústanme as treboadas. Permiten sacar fotos fora do habitual. O que xa non me gusta é que sexan tan inusualmente fortes e insistentes.


Hai quen dí que son cíclicas, hai quen dí que é o cambio climático, que xa se nota.


Eu son dos que pensa que é o quencemento global. E asusta un pouco comprobar que non queremos cambiar nin un chisco o noso estilo de vida para evitalo.



Publicacións populares deste blog

Vietnam do Sur

Caos asiático. Escenarios de guerra. Calor tropical. O tráfico de Saigón Saigón Night Semáforo Pole position Delta do Mekong Cambiar Charlies por guiris Restos do Tornado Phu Quoc Duong Dong Faenar de noite Tormenta tropical Calquer occidental que pasase por Saigón seguro que, cando menos, quedou abraiado coa xungla de motos que circulan constantemente polas ruas (e beiraruas) desta cidade. A min foi o que máis me chamou a atención, e o que tentei captar en fotos. No Sur tamén resulta interesante percorrer e comprobar as secuelas da guerra. A de Vietnam foi a primeira confrontación retransmitida en imaxes, de feito hai fotos, como a da nena do Napalm, que axudaron a mudar a opinión pública estadounidense. Paréceme imprescindible o museo da guerra en Saigón. É duro de ver, pero penso que hai que ser conscientes do que supón o uso da forza, xa que as veces semella que se fala lixeiramente dos conflictos armados que está...

Dunas de Erg Cheggaga

Calor, vento e area.  Impoñente concentración de dunas cor tella, con tonalidades cambiantes según a hora do día.   Caras de luz e caras de sombra, divididas por aristas de liñas finas e sinuosas. Formas e tamaños diversos, texturas rugosas de pequenas ondas paralelas . Erg Cheggaga é un lugar especial. As dunad de Erg Cheggaga Sahara Vento e area   Gran duna O teu camiño Solpor Erg Cheggaga Subida a gran duna Luz, sombra e horizonte   Jam session na haima ​   As dunas de Erg Cheggaga (Ou Chegaga, Chigaga, Chegagga... según onde se mire) son un areal de 40x15 km ao sur de Marrocos, a poucos kilómetros de Arxelia. A un par de horas en 4x4 dende M´Hamid el Ghizlane polo oeste ou outras dúas horas ata Foum Zguid ao leste . As posibilidades que ofrecen á cámara son moitas. Conseguense distintas tonalidades, probando a con diferentes inclinacións do sol e xogando coa exposición e o balance de...

Ortigueira e arredores

Antes,  Ortigueira era coñecida polo seu festival. Agora,  coñecese polo seu festival, e por un banco. Porén,  Ortigueira e arredores sempre tiveron moito máis. Loiba Fuciño do Porco Luz do Norte Estaca de Bares Septentrional Herbeira Garita 613 metros sobre o nivel do mar Estrada DP-2205   Fotos tomadas en O Vicedo, Mañón, Ortigueira e Cariño.

Nevoas na Ribeira Sacra

  Non é a primeira entrada que fago sobre a Ribeira Sacra.  Non sempre que vou toca bo tempo (máis ben penso que é ao contrario).  Pero para as fotos de paisaxes, ou incluso retratos, gustame moito como quedan as nevoas e os ceos enmpedrados .   Ainda que tapen parte das vistas.  Esta é unha pequena recolección de fotos de días nos que a névoa estaba presente, escondendo os cañóns ou agochando o sol.

A Fraga de Moaña

A fraga de Moaña. Tan escondida e tan cercana, tan misteriosa e tan aberta. Tan recóndita e tan próxima. Na súa atmósfera envolvente agochanse recunchos tan máxicos como accesibles. So hai que ir ali a descubrilos.